Skip to Content

blogue deCristina

CURSOS PARA A FORMACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS (CUALE): INGLÉS

Dende o 22 de maio ao 8 de xuño estará aberto o prazo de preinscrición para os cursos para a formación de linguas estranxeiras (CUALE), que se levarán a cabo durante o curso 2017/2018 no I.E.S. Fernando Blanco (Cee).

Está dirixido a alumnado que vai cursar 3ºESO, 4ºESO ou un Ciclo Formativo de Grao Medio no vindeiro 2017/2018 e está organizado en dous niveis: un curso para acadar o nivel A1 e un curso de preparación para acadar o nivel A2 nas probas libres convocadas pola Escola Oficial de Idiomas.
O listado cos admitidos e excluidos publicarase o 9 de xuño.

Para máis información (prazo de reclamacións, prazo de matrícula, documentación solicitada...), por favor prema neste enlace.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

Publicación das listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse no seguinte enlace á web da convocatoria: axudasle

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares (1941-2002), novelista, ensaísta e colaborador habitual en La Voz de Galicia, coa súa columna Á marxe.

Dende a biblioteca tentamos dar a coñecer a súa figura elaborando un tríptico sobre el e a súa obra, que está colgado nos taboleiros de todas as aulas. Ademais, o grupo dos "maiores" do noso club de lectura asistirá mañá á unha adaptación teatral da súa novela Os mortos daquel verán, no Salón Teatro en Santiago, coproducida polo Centro Dramático Galego e Talía Teatro.

 

 

GHUAIDELAI E O DÍA DO LIBRO

Algúns dos integrantes do noso Club de Lectura Ghuaidelai decidiron facer algo especial para celebrar o Día do Libro: converterse en contacontos para os máis pequenos e pequenas do colexio Mar de Fóra.

Velaquí as imaxes desta "aventura"...

 

GHUAIDELAI DÍA DO LIBRO 2017 on PhotoPeach

Distribuir contido


by Dr. Radut