Skip to Content

Onte participamos, xunto cos outros centros educativos da vila, no acto convocado polo Concello de Fisterra con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O alumnado de 1º e 2º ESO portou unhas candeas por cada unha das mulleres asasinadas este ano, o de 3º ESO elaborou unha pancarta, e representantes do club de lectura de cada curso leron fragmentos de diferentes obras relacionados con este tema e un breve manifesto. No acto participou tamén o poeta Alexandre Nerium.

Ver imaxes


O Samaín volveu ao IES Fin do Camiño! Despois da paréntese imposta o curso pasado pola COVID-19, espíritos do alén e outros seres sinistros fixeron acto de presenza no centro... quizais atraídos pola convocatoria de varios concursos: de disfraces individuais e en grupo, de decoración de aulas, de minivídeos de terror...

Ver imaxes


Hoxe tivo lugar no noso centro unha xornada de presentación da 1ª Liga Maker Drone de Galicia na que participará parte do alumnado de 3ºESO. Organizada pola Fundación Barrié e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), é a primeira competición a nivel autonómico que presenta o reto de construír un sistema drone enfocado á solución dun problema social particular.


O domingo 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Para celebralo, a semana pasada visitamos co alumnado de 1ºESO a Biblioteca Municipal de Fisterra Casa do Arco, onde nos explicaron a súa organización, funcionamento e as diferentes localizacións que tivo ao longo do tempo. Aproveitamos a ocasión para conseguir o noso carné de lectores e lectoras... e a gozar dos libros!



by Dr. Radut