Novas XeraisEiquí se incluirán novas non tematizadas para profesores. ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO DEFINITIVOEnviado por prof_mvr o Ven, 18/05/2018 - 07:51
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 18-19. Pulse AQUÍ para a súa consulta. Pódese reclamar perante Xefatura Territorial. ( categories: )
GUÍAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA ESOEnviado por prof_mvr o Mér, 25/04/2018 - 07:09
Consulta nos enlaces as guías de información académica para o alumnado da ESO.
( categories: )
PROBAS LIBRES 2018. ADMISIÓN E MATRÍCULAEnviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 07:25
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo. Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual
( categories: )
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO PROVISIONALEnviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 06:56
Publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 18-19. Pulse AQUÍ para a súa consulta. Pódese reclamar perante o Consello Escolar do centro do 20 ao 26 de abril.
( categories: )
BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI E VIIEnviado por prof_mvr o Ven, 06/04/2018 - 06:09
O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal. O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano. A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas. O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes. CONSULTA DAS BASES NOS FICHEIROS ADXUNTOS MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO: Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: educación@coruna.es e teléfono: 981 184 200, extensión 12114 ( categories: )
CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 17-18Enviado por prof_mvr o Xov, 15/03/2018 - 05:03
No ADXUNTO, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas ( categories: )
Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDCEnviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:57
A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2018/2019. Lugar e datas de celebración das probas: nas instalacións da Facultade de CC. do Deporte e Educación Física da UDC. Cando: · 1ª convocatoria: 21 de abril de 2018 · 2ª convocatoria: 20 de xuño de 2018
Consitirán na realización de 3 probas de aptitude:
· Bloque I: proba de adaptación ao medio acuático. · Bloque II: (elexir unha entre as tres seguintes) - Proba de axilidade no chan - Proba de carreira deobstáculos - Proba de axilidade co balón. · Bloque III: proba de resistencia cíclica. * ver baremo das probas no Anexo I das bases da convocatoria e a descripción das probas en https://probasinefgalicia.udc.es
Resultado: o “APTO” nas probas será válido para os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21.
Prazo e lugar de inscrición:
· convocatoria do 21 de abril: do 2 ao 28 de marzo ata ás 14.00 h. · convocatoria do 20 de xuño: do 8 de maio ao 2 de xuño ás 14.00 h. A inscrición realizarase online en https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm
Prezo: 63,67€ (dereitos de exame) + 6€ (seguro de accidentes). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño).
Información: Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física http://inefg.udc.es ( categories: )
XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da CoruñaEnviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:55
Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP, ensinanzas artísticas que se imparten na cidade da Coruña, e os estudos superiores artísticos de Galicia.
Cando:
- do 9 ao 13 de abril de 2018: ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: unha semana de mesas informativas sobre os graos universitarios do SUG. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para as/os estudantes, de cara á toma de decisións académicas. Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR).
- do 16 ao 19 de abril de 2018: ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS SUPERIORES: · unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos medios e superiores, para coñecer máis de cerca estes estudos, · e unha mesa informativa dedicada aos estudos superiores artísticos de Galicia (Deseños, Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática), na EASD Pablo Picasso o martes 17 de abril.
Requisitos: · Alumnado de ESO, FP e Bacharelato (o alumnado ten que presentar a credencial correspondente ao inicio das visitas.Esta credencial solicitarase no centro antes do día 13 de marzo.
Máis información: www.edu.coruna ou no Departamento de Orientación do centro. ( categories: )
FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOREnviado por prof_mvr o Lun, 05/03/2018 - 05:19
No presente curso continuamos co proxecto de Mediación entre iguais coa finalidade de mellorar a convivencia no centro e favorecer a resolución de conflitos mediante o diálogo. Para lograr este obxectivo é moi importante a colaboración do alumnado mediador que recibiu unha formación específica para poder axudar aos seus compañeiros/as nos problemas que poidan xurdir. Moitas grazas á asociación ADAFAD e en especial a Cristina, encargada de impartir estes talleres de formación. ( categories: )
IDIOMAS DO MUNDO 2018Enviado por prof_mvr o Ven, 02/03/2018 - 07:22
Aberto do 5 ao 28 de marzo o prazo de inscrición para Idiomas do Mundo 2018. E convócase unha reunión informativa para o alumnado interesado e as súas familias o luns 12 de marzo ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos.
Entre hoxe emañana os centros educativos de secundaria recibirán do Servizo Municipal de Educación o material gráfico –o cartel e o folleto- da convocatoria do programa educativo municipal IDIOMAS DO MUNDO 2018, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, para a súa difusión entre o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos centros do concello.
O programa educativo “IDIOMAS DO MUNDO” ofrece a oportunidade a 71 alumnas/os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2018, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ademáis de participar nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.
A convocatoria e as bases (e anexos) pódense consultar na web www.edu.coruna.es/portada e o luns 5 de amarzo habilitaráse a ficha de inscrición en liña. ( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |