Novas Xerais

Eiquí se incluirán novas non tematizadas para profesores.

DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO

Enviado por prof_mvr o Mér, 20/04/2016 - 07:42

No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

 

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN E FINAL CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 15-16

Enviado por prof_mvr o Mér, 20/04/2016 - 07:34

No ficheiro adxunto pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e da avaliación final nos ciclos formativos de Administración e Finanzas e Xestión Administrativa na súa modalidade de DISTANCIA

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016

Enviado por prof_mvr o Ven, 15/04/2016 - 04:01

Convocadas Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016

Información dispoñible na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

No adxunto figura o calendario

Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior 2014-2015

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/03/2016 - 07:42

Consultar convocatoria en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160226/AnuncioG0164-190216-0002_gl.html

Primeiro: Aos premios poderá concorrer o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014-2015 e que os rematou no ano 2015, e que obtivo unha cualificación final igual ou superior a 8,50.

Segundo: O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 21 de marzo.

Terceiro: O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentará a solicitude de participación xunto cos méritos que alegue en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, tal como se establece nos artigos 4 e 5 da orde de convocatoria. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria

EXPERIENCIA CLIL PROGRAMA PIALE 2015 Loren Mures

Enviado por prof_mvr o Mar, 16/02/2016 - 08:40

Na seguinte ligazón pódese acceder ó PDF no que a profesora de Educación Física conta a experiencia en que dentro do programa PIALE 2015 tivo en Montreal (CANADA)

ACCESO PDF

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:57

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016. Consultar lugares na convocatoria.

A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Acceso á convocatoria

Formulario inscrición

 

 

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:49

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula

– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

Consultar lugar de presentación das solicitudes na convocatoria.

Acceso á convocatoria

Formulario

XOVES 4 de Febreiro. DOAZÓN de sangue no IES Fernando Wirtz

Enviado por prof_mvr o Mar, 26/01/2016 - 06:30

DIAS NON LECTIVOS Curso 2015-16

Enviado por prof_mvr o Ven, 27/11/2015 - 06:33

DIAS NON LECTIVOS: Os dias autorizados pola inspección como NON LECTIVOS no actual curso escolar son: 7/12/2015 e 16/05/2016

Distribuir contido