Novas Xerais

Eiquí se incluirán novas non tematizadas para profesores.

EXAMES E AVALIACIÓNS SETEMBRO 2017. DATAS E HORARIOS

Enviado por prof_mvr o Ven, 28/07/2017 - 04:34

No seguinte ENLACE pódense consultar as data e horas dos exames de setembro, Avaliacións e entrega de Cualificacións.

CORUÑA LINGUAS 17-18. PROGRAMA DO CONCELLO. PRAZO ABERTO

Enviado por prof_mvr o Mér, 21/06/2017 - 04:51

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa CORUÑA LINGUAS para o curso 17-18.

As solicitudes fanse a través da web educativa do Concello da Coruña www.edu.coruna.es

O prazo vais do 19 de xuño ao 30 de setembro

 

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA SECUNDARIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 19/06/2017 - 06:55

1º de ESO

2º de ESO

3º e 4º de ESO

1º e 2º de Bacharelato

Próximamente ESAA

Próximamente Bacharelato de Adultos

 

DATAS E HORAS ENTREGA CUALIFICACIÓNS XUÑO 2017.

Enviado por prof_mvr o Ven, 16/06/2017 - 06:12

Neste ENLACE pódense consultar as datas e horas de entrega de cualifiación do final de curso 16-17 convocatoria de xuño

ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO ORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/06/2017 - 06:03

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 17-18

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 26 de xuño ao 4 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Cubrir os impresos que se relacionan nesta web no apartado "IMPRESOS DE MATRÍCULA"

O alumnado do centro fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula.

O alumando procedente doutros centros ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resulta admitido.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA 1ª ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

 

RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS NO 2º CURSO DE BACHARELATO.

Enviado por prof_mvr o Lun, 22/05/2017 - 03:38

Segundo a instrucción CUARTA da Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2016/2017,

 Esta dirección procede a publicar os plazos a cumplir no caso de presentar reclamacións contra as cualificacións otorgadas no 2º curso de bacharelato na convocatoria ordinaria no curso 2016-17.

DATA

HORA

 

23 e 24 de maio

Ata as 14:00

Reclamacións por escrito ante o centro.

Presentar na secretaría.

25 maio

11:00

Notificación por parte da dirección da resolución á reclamación presentada. No despacho de dirección.

26 de maio

Ata as 12:00

Reclamacións por escrito ante a Comisión de supervisión.

Presentar na secretaría.

( categories: )

EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES

Enviado por prof_mvr o Lun, 15/05/2017 - 05:45

En el siguiente enlace puedes consultar la edición elaborada por los alumnos de Lengua Castellana  dentro del programa "El País de los Estudiantes". 

http://estudiantes.elpais.com/periodico-digital/ver/equipo/1263

MEDIACIÓN ESCOLAR

Enviado por prof_mvr o Mar, 09/05/2017 - 08:31

Consulta neste DOCUMENTO todo o relativo ao equpo de mediación escolar do centro.

 

Distribuir contido