Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

Enviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:57

A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2018/2019.

Lugar e datas de celebración das probas: nas instalacións da Facultade de CC. do Deporte e Educación Física da UDC.

Cando:

· 1ª convocatoria: 21 de abril de 2018

· 2ª convocatoria: 20 de xuño de 2018

 

Consitirán na realización de 3 probas de aptitude:

 

· Bloque I: proba de adaptación ao medio acuático.

· Bloque II: (elexir unha entre as tres seguintes) - Proba de axilidade no chan - Proba de carreira deobstáculos - Proba de axilidade co balón.

· Bloque III: proba de resistencia cíclica.

* ver baremo das probas no Anexo I das bases da convocatoria e a descripción das probas en

https://probasinefgalicia.udc.es

 

Resultado: o “APTO” nas probas será válido para os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21.

 

Prazo e lugar de inscrición:

 

· convocatoria do 21 de abril: do 2 ao 28 de marzo ata ás 14.00 h.

· convocatoria do 20 de xuño: do 8 de maio ao 2 de xuño ás 14.00 h.

A inscrición realizarase online en https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm

 

Prezo: 63,67€ (dereitos de exame) + 6€ (seguro de accidentes). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño).

 

Información: Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física   http://inefg.udc.es