IES EDUARDO PONDAL

JOAN MANUEL SERRAT canta a MIGUEL HERNÁNDEZ

Joan Manuel Serrat i Teresa (Barcelona, 27 de decembrode 1943) é un cantautor, compositor, intérprete, poeta e músico español.
Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua española como catalana.
A súa obra ten influencias doutros poetas, como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe entre outros; así como de diversos xéneros, como o folclore catalán, a copla española, o tango, o bolero e do cancioneiro popular de Latinoamérica, pois versionou cancions de Violeta Parra e de Víctor Jara.
É un dos pioneiros do que se chamou a Nova Cançó catalana. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén polos alcumes de El noi del Poble-sec (‘o neno de Poble Sec’, o seu barrio natal) e o Nano en Arxentina.