QUERES ESTUDAR FP O CURSO QUE VÉN?
MIRA AQUÍ A OFERTA EDUCATIVA NA COMARCA DE BERGANTIÑOS.
Actividades | Actividades |
Saída á praia co Club de Ciencias
O noso alumnado de 1º de ESO e algún de 3º participa un ano máis na actividade proposta pola Asociación Ambiental Chelonia. |
Erasmus + de Educación Escolar Visita dos alumnos do centro Friedrich-List-Gymnasium de Asperg
|
Departindo con Carmen Rivas sobre virus Achegounos o mundo dos virus e as súas aplicacións. |
Accésit para o alumnado do Proxecto Competencial. Departamento de Latín O alumnado da materia "Deseño e redacción dun traballo universitario", do Proxecto Competencial de 2º de Bacharelato impartida polo Departamento de Latín, obtiveron un accésit no "Premio Otero Pedrayo para estudantes de secundaria e bacharelato". |
Dous alumnos do Instituto Eduardo Pondal en Italia
Dous alumnos do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso están en Italia para realizar prácticas nunha asociación de persoas con autismo. |
Calendario de exames de 2º Bacharelato
|
Saída didáctica do Departamento de Latín
O alumnado de Latín e Grego realizou unha saída didáctica aos concellos de Vimianzo e Zas, para coñecer algunhas pegadas da Historia, especialmente da presenza romana na Costa da Morte. |
Calendario de exames de 2º Bacharelato
|
María Bazar Verdes iniciará hoy mismo sus prácticas en el templo gastronómico Culler de Pau, en O Grove. «Javi Olleros é un referente, sempre foi un sitio que me gustou, e do que querería formar parte unha tempada», explica.Seguir lendo |
Obradoiro da SXGQ O pasado luns 15 de abril tivemos a visita dos rapaces da Sociedade Xuvenil Galega de Química para realizar un obradoiro. |
PONDALIANOS POLO MUNDO, EDICIÓN BÉLXICA
Como vén sendo habitual dende hai uns anos, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizou unha viaxe de inmersión lingüística a Bélxica, organizada polas profesoras dese Departamento. Durante cinco días, os rapaces visitaron as vilas de Bruxas, Gante e Bruxelas. (Fotos) |
O luns 15 de abril ,alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento |
GAÑADOR DO GRAND PRIX 2024
Co fin de reunir cartos para a viaxe de inmersión lingüística a Bélxica de 1º de Bacharelato, o departamento de Francés do noso instituto organizou a tómbola Grand Prix. O afortunado gañador da cesta de produtos franceses foi Jesús Bermúdez Varela, que apostou polo número 79, terminación do cuponazo do venres día 5 de abril: o 30979. Parabéns Jesús! |
Orgullosos dos nosos
Esta pasada semana tivo lugar a competición Spain Skills, a olimpiada nacional de Formación Profesional con representación do Instituto. Orgullosos da nosa campiona María Bazar, exalumna do centro, e da cuarta praza de Borja Martínez.
|
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024 NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO DE 2024 Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. |
XXII Semana Cultural
Seguindo a tradición, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso estrea o mes de abril celebrando a súa XXII Semana Cultural. Entre o 2 e o 5 deste mes, alumnado e profesorado aparcarán momentaneamente o currículo oficial para abrirse a novas experiencias que completen o seu desenvolvemento académico e persoal: origami, lettering, zumba, baile tradicional, xincanas, escape room, economía circular, sombreirería artesanal, obradoiros de arxila, de arqueoloxía, robótica, graffiti, cociña francesa, cociña texturizada… |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2024 Signed Listaxes_val_em_excl.pdf | 4.8 MB |
calendario de exames 2 bac definitivo.pdf | 110.39 KB |