Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Seccións BilingüesSe queres información sobre as SECCIÓNS BILINGÜES, preme na imaxeEnviado por admin o Lun, 28/02/2011 - 09:37
( categories: )
ANDAINA: CAMIÑAMOS POR RETOSEnviado por noefp o Xov, 14/05/2020 - 11:53
Introdución.
O día 12 de novembro ás 10.30h (Día internacional contra a obesidade infantil) fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, centros con sección bilingüe en inglés ou centros plurilingües de Guitiriz.
Xustificación.
Nesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:
A) Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables (alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou fruta para todos os asistentes, Sheila a pediatra do centro de saúde de Guitiriz vai dar unha charla ao alumnado sobre hábitos de vida saudables) chegando imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), ademáis de facer un estudo desta cidade a nivel medio ambiental e ver que cousas poderíamos importar para nosa vila referidas a esta temática. (Proxecta:PDC)
B) Loitar pola igualdade de xénero: Levamos dorsais con nomes de mulleres deportistas históricas. (Proxecto: "Donas de sí")
C) Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo.
D) Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.
- “Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible. (Proxecto: aLIXeirate)
-O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)
-O alumnado do CEIP de Lagostelle coa axuda do seu profesor de plástica e do auxiliar de conversación fixo distintas pancartas en inglés sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)
Nivel:
Educación Primaria, Secundaria e Bacherelato.
Materia
Organizada polos departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Artística, ambos con sección bilingüe en Inglés en distintos niveis.
Ademáis colaboraron interdisciplinarmente os departamentos de Actividades Extraescolares, Inglés, Música, Linguas Castelá e Galega e intercentros distintos departamentos e mestres dos centros educativos: CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e CEIP Lagostelle.
Idioma
Galego e inglés
Temporalización aproximada
Seis sesións no primeiro trimestre do curso académico.
Recursos TIC
Ordenador, cámara de fotos e de vídeo, móviles, equipo de música
Competencias clave
Competencia en comunicación linguistica
Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía
Competencia dixital
Competencia aprender a aprender
Competencia social e cívica
Competencia de iniciativa e espírito emprendedor
Competencia en conciencia e expresións culturais
Obxectivos
a) Linguisticos:
-Promover o pracer pola Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.
-Formar persoas competentes que poidan utilizar as linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.
-Promover un bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)
-Desenvolver a competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.
b) Non linguisticos
-Valorar as actividades deportivas como medio de gozar e de relación cos demáis.
-Entender mellor a realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.
-Integrarnos nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.
-Favorecer o espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias conxuntas entre o IES e os centros de primaria do mesmo Concello.
Contidos
a) Linguisticos:
-Traballo de Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.
-Uso das linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.
-Promoción bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)
-Desarrollo da competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.
b) Non linguisticos
-Disfrute de actividades deportivas como medio de gozar e de relación cos demáis.
-Mellor comprensión da realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.
-Integración nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.
-Innovación e espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias conxuntas entre o IES e os centros de primaria do mesmo Concello. Temporalización e secuenciación
Seis sesións no primeiro trimestre do curso académico
Sesión I: Preparación, “brainstorming”.
Sesión II e III: Reunión concello: técnico deportes e turismo, centro de saúde, colexios, departamentos.
Sesións II, III, IV,V: Permisos e cartas ós centros, preparación do percorrido da andaina, ensaio cos cursos da canción en inglés sobre medio ambiente, realización do cartel da proba e carteis con lemas en inglés, visionado de videos sobre as tres R ( reutilizar, reciclar, reusar) en inglés para levar o día da implementación.
Sesión VI: Implementación o día 12 de novembro na praza Campo da Feira de Guitiriz.
Medidas de atención ó alumnado con necesidades especificas de apoio educativo
De carácter ordinario e con alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe
Estratexias que favoreceron a plena e activa participación do alumnado no aprendizaxe
Uso de espazos
Coordinación e traballo conxunto entre o profesorado e alumnado na actividade
Medidas de reforzo e apoio
Atención individualizada
Adaptación ós diferentes ritmos de aprendizaxe
Inclusión e normalización para a búsqueda da igualdade
Criterios, instrumentos de avaliación e estándares
A metodoloxía que se empregou no desenvolvemento do Proxecto foi fundamentalmente activa, democrática, participativa, integrada de forma interdisciplinar, con inclusión de contidos doutras áreas curriculares e complementada con actividades complementarias e extraescolares.
A metodoloxía baseóuse nos principios: de motivación, actividade e interación entre iguais.
Avaliación inicial:
-Ideas de departamentos, profesorado, alumnos.
-Reunión entre coordinador, colaboradores, alumnos e profesores implicados no proxecto.
Avaliación formativa:
-Reunións entre coordinador e colaboradores.
-Conversacións continuas co alumnado, os profesores e departamentos implicados.
Avaliación contínua do proxecto:
-Autoevaluación.
Avaliación final:
-Autoevaluación e propostas de mellora.
-Memoria final e desenvolvemento dos vídeos das actividades do proxecto.
URL da proposta
https://efiespoetadiazcastro.blogspot.com/2019/10/andaina-caminamos-por-retos.html
https://efiespoetadiazcastro.blogspot.com/2019/11/andainacaminamos-por-retos.html
( categories: )
Gañadores concurso de Nadal de BegonteEnviado por nuriapena o Ven, 21/02/2020 - 07:07
Parabéns a Beltrán Salgueiro e a Zaira Vázquez , que resultaron premiados no Certame de Debuxo sobre o Nadal da Casa de Cutura de Begonte. Noraboa, artistas!!!! ( categories: )
Fotografía en Curso. Obradoiro con Vari Caramés.Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:48
Este ano tivemos a sorte de poder participar no Plan Proxecta co programa "Fotografía en Curso" e traballar co fotógrafo Vari Caramés. Aquí vos deixamos o enlace ao blog co noso traballo:
( categories: )
Máis Imaxes de 3º de E.S.O. do ano pasado.Enviado por nuriapena o Dom, 18/11/2012 - 15:44
( categories: )
Exposición final de curso 3º da E.S.O.Enviado por nuriapena o Dom, 18/11/2012 - 15:39
( categories: )
Exposición final de curso 3º da E.S.O.Enviado por nuriapena o Sáb, 17/11/2012 - 15:51
( categories: )
Exposición final de curso 3º da E.S.O.Enviado por nuriapena o Sáb, 17/11/2012 - 15:47
Aqui tedes algunhas fotos sobre a exposición de final de curso dos alumnos de 3º da E.S.O. ( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |