Obra de Teatro REDEIRA sobre Violencia de Xénero

A compañía de teatro aAntena é unha compañía motivada pola igualdade, e veu a presentar ao noso centro o espectáculo REDEIRA. Trátase dunha historia en primeira persoa de situacións de acoso por redes sociais. Estíbaliz Veiga dá vida a varios casos de grooming, sexting,... un espectáculo con contido didáctico para a prevención desta realidade coa que se están a atopar os nosos estudantes no seu ámbito social.