Día de Rosalía de Castro

Actividades previstas polo día de Rosalía de Castro na Biblioteca

Imaxe de Rosalía de Castro

 Xoves 23 de Febreiro:

1º Recreo:

  -Alborada na Biblioteca co coro de alumnos/as de 3º ESO: Interpretación da adaptación musical feita por Alba Hernández da canción "Adiós ríos, adiós fontes" de Amancio Prada.

  -O alumnado de 2º de Bacharelato fará unha lectura de poemas de elaboración propia.

2º Recreo:

  -O alumnado de 2º de Bacharelato fará unha lectura de poemas de elaboración propia.

 

Venres 24 de Febreiro:

1º Recreo:

  -Alborada na Biblioteca con Martín Porto. Interpretación coa gaita da "Xota e Muiñeira de Forcarei" e "Fandango para Leirado e Xuliño"

  -Presentación da Celebración.

2º Recreo:

   -Lectura da obra da escritora por parte do alumnado de 1º ESO.

   -Exposición dunha selección de libros da escritora na Biblioteca. 

Imaxe da nova elaborada por Alexia de 1º Bacharelato