Redes Familiares

Educación emocional e sexual na familia

As familias son, sen dúbida, o espazo de socialización por excelencia e o catalizador de todo proceso educativo cos nenos e nenas e cos mozos e mozas. O obradoiro de Redes Familiares ten como finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa. Para iso, o martes 20 de outubro ás 16:00 no Salón de Actos do IES Cosme López Rodríguez, teremos unha experta en sexualidade que ven do Centro Quérote+ de Ourense para resolver todas as dúbidas que como pais/nais vos xurden ó longo da adolescencia dos vosos fillos/as, para afrontar esta situación.