ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA: CONCERTO DIDÁCTICO A CARGO DA REAL PHILARMONÍA DE GALICIA E VISITA AO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 O día 26 de abril, o alumnado de 3º ESO e o alumnado de Música de 4º ESO asistirá en Santiago de Compostela ao Concerto Didáctico a cargo da Real Philarmonía de Galicia que interpretará música de Stravinsky e de Januibe Tejera para acompañar a montaxe coreográfica da obra Pleasure island.

PLEASURE ISLAND (CONCERTO DIDÁCTICO)

 

Nos contos ‘Non culpes a ninguén’ (1956) de Cortázar e ‘As preocupacións dun pai de familia’ (1919) de Kafka atopamos unha presenza que perturba terriblemente aos seus personaxes.

En Cortázar, é a percepción da súa propia man que, sendo unha prolongación máis do seu corpo, comeza a percibirse de forma ameazante cando o personaxe tenta poñerse un xersei. En Kafka, un obxecto vago e indefinido, como «un carrexe de fío plano e en forma de estrela», preocupa ao seu observador. Non é posible definir exactamente cal é ese obxecto, nin para que serve, nin por que se garda nesa casa sen motivo aparente…É isto o que máis preocupa ao noso personaxe?, por que?

A proposta cruza o corpo e a música para profundar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño”: que nos contan a estas percepcións, eses prexuízos, esas olladas aparentemente inusuais?

Ariadna Montfort e Ronsel Merlos, coreógrafas e intérpretes

Cristina Cubells, dirección artística

A música que se escoitará será:

1- Danses concertantes de Igor Stravinski

2- Internités de Januibe Tejera