XV ENCONTRO DE POETAS NAS VIDEIRAS. PETÍN 16 DE MARZO

O sábado, 16 de marzo deste ano, o alumnado de 2º de bacharelato do noso centro participou no XV Encontro de Poetas nas Videiras que organiza a escritora ruesa Rosa García Machado. Desta volta, os temas xiraban arredor da poesía e da cociña e o lema era “Poeciñando paxaros”. Temas e lema non arredaron aos nosos valentes alumnos e alumnas para construír uns poemas que chaman a atención pola súa orixinalidade.

A cita tivo lugar en Petín, na adega O Confesionario, onde ademais de recitar poemas houbo un espectáculo musical a cargo de Piri-Pirata. Alí xuntáronse persoas de diferentes idades que comparten o gusto pola poesía, pola música e, como non, pola boa compañía ao lado duns bos petiscos. No enlace ao Departamento de Lingua Galega podedes ler os poemas do noso alumnado poeta, e na galería de imaxes podedes ver fotos do evento.