Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Galería

XORNADA PORTAS ABERTAS

1º premio na Olimpiada de Xeoloxía

O Xeoparque do Cabo Ortegal foi elixido pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra (AEPECT) como unha das sedes da fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía,  xunto con Santiago, Vigo e Montañas do Courel.

Durante a xornada de onte, un total de 49 alumnos acompañados de profesores de 7 centros participaron nas probas que se desenvolveron no IES Cabo Ortegal de Cariño e que consistiron nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana que se realizou no Cabo Ortegal.

O premio ao mellor equipo foi para o grupo formado por dous alumnos do IES Concepción Arenal Ana Cobelo Parga  eAlejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato e tres alumnos do IES Afonso X O Sabio de Cambre.

A mellor puntuación de entre os participantes foi para o alumno Alejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato que asistirá a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía, que este 2024 se celebrará o 13 de Abril en Zamora. 

Noraboa Mathew!!

O challenge da túa vida

 

O pasado 25 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO recibiu á Asociación Española Contra o Cancro coa súa proposta “O challenge da túa vida”, unha iniciativa para adoptar hábitos saudables e tomar medidas preventivas que se presentou nun formato de “talk show”. 

Trátase dun proxecto que anima a adoptar estilos de vida saudables e tomar medidas preventivas para protexer a nosa saúde. 

Dende o IES Concepción Arenal, queremos dar as grazas á Asociación Española Contra o Cancro por visitarnos e compartir esta valiosa iniciativa co noso alumnado. Xuntos, podemos facer a diferenza na loita contra o cancro. 

Carta de agradacemento a toda a comunidade do IES Concepción Arenal 

Campaña de Nadal "XOGUETES SOLIDARIOS"

Dende hoxe e ata o próximo xoves 21 de decembro, colaboramos con a Asociación Dignidad recollendo xoguetes para que ningún neno ou nena quede sin sorriso este Nadal!

Podedes deixalos na mesa que hai na entrada do instituto ou preguntar en Conserxería.

MOITAS GRAZAS!

I Concurso ECO-NADAL

E o noso Samaín ... foi noticia!!

CHEGOU O DÍA...TES UNHA INVITACIÓN!!!

CLUB DE CIENCIA

Samaín Curso 2023-2024

Charla de prevención da tendencia suicida

Distribuir contido