Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Apoio e axudas ó estudo

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024

O 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Ligazón para solicitude

O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Convocatoria becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) curso 23-24

Convocatoria 

 Convócanse as seguintes axudas : 

a) Axudas directas para o alumnado que requira por un periodo da súa escolarización ou ó longo de toda ela , determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da  discapacidade ou trastorno grave de conduta.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou  trastorno grave de conduta para familias numerosas.

c) Axudas para programas específicos complementarios á  educación reglada para alumnado con necesidad específica de apoio  educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 Beneficiarios.

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non  superen unha determinada renta e /ou patrimonio familiar:   - Que presenten necesidade específica de apoio  educativo derivada de discapacidade ou  trastornos graves de conduta e que se encontren cursando nun centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou  en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais , algún  dos niveis  educativos non  universitarios.

 Para obter o  subsidio requerirase ser membro de familia numerosa.

Solicitudes

As  solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet no enlace seguinte

enlace ou  através da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es.

 Prazo

 O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o  20 de setiembre de 2023 inclusive.

 

 

 


 

CONVOCATORIA BECAS XERAIS PARA O CURSO 2016-2017 PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

16/08/2016 17:15
Europe/Madrid

Beneficiarios

 Poderán solicitar as becas desta convocatoria os estudantes que non  superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento  académico e que cursen  algunhas das seguintes ensinanzas:

1. Ensinanzas  postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e  segundo cursos de Bacharelato .

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas  deportivas.

e) Ensinanzas artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiaid de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o  acceso ós Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos ou  en centros privados concertados que teñan  autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

j) Formación Profesional Básica.

2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:

 a) Ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

 b) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de  Licenciado,Enxeñeiro , Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

 c) Curso de preparación para acceso á  universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

 d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou  para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

 Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ó terceiro ciclo ou  dotorado, estudos de especialización nin  títulos propios das universidades.

Solicitudes

 A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na  dirección https://sede.educacion.gob.es, no  apartado correspondente a "Trámites y Servicios" ou na  dirección electrónica www.mecd.gob.es

 Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser firmada polo interesado

Prazos  

 Os prazos para  presentar a solicitude extenderase hasta:

 A) El 17 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes universitarios.

 B) El 3 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes non universitarios

 


 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2015/2016

04/05/2016
Europe/Madrid

CONVOCATORIA

 

PREMIOS  EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2015/16

 PERSOAS BENEFICIARIAS

  Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.

 Máis información :

 

 Orde 11 de abril de 2016 ( D.O.G. do 26 de abril )

 

 http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20160426_premios_bacharelato.pdf

 


 

 

CONVOCADAS AS BECAS XERAIS PARA O CURSO 2015/16

No BOE do 6 de agosto acábase de publicar a Resolución do 30 de xullo pola que se convocan becas de carácter xeral , para o curso 2015/2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:

 

La solicitud se deberá cumplimentar mediante el formulario accesible por vía telemática a través de la sede electrónica del Departamento en la dirección https://sede. educacion.gob.es en el apartado correspondiente a «Trámites y Servicios» o en la dirección electrónica www.mecd.gob.es»

 

Una vez cumplimentada la solicitud, deberá ser firmada


 

Distribuir contido