Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

CONVOCATORIA BECAS XERAIS PARA O CURSO 2016-2017 PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

16/08/2016 17:15
Europe/Madrid

Beneficiarios

 Poderán solicitar as becas desta convocatoria os estudantes que non  superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento  académico e que cursen  algunhas das seguintes ensinanzas:

1. Ensinanzas  postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e  segundo cursos de Bacharelato .

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas  deportivas.

e) Ensinanzas artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiaid de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o  acceso ós Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos ou  en centros privados concertados que teñan  autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

j) Formación Profesional Básica.

2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:

 a) Ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

 b) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de  Licenciado,Enxeñeiro , Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

 c) Curso de preparación para acceso á  universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

 d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou  para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

 Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ó terceiro ciclo ou  dotorado, estudos de especialización nin  títulos propios das universidades.

Solicitudes

 A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na  dirección https://sede.educacion.gob.es, no  apartado correspondente a "Trámites y Servicios" ou na  dirección electrónica www.mecd.gob.es

 Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser firmada polo interesado

Prazos  

 Os prazos para  presentar a solicitude extenderase hasta:

 A) El 17 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes universitarios.

 B) El 3 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes non universitarios