Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

1º premio na Olimpiada de Xeoloxía

O Xeoparque do Cabo Ortegal foi elixido pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra (AEPECT) como unha das sedes da fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía,  xunto con Santiago, Vigo e Montañas do Courel.

Durante a xornada de onte, un total de 49 alumnos acompañados de profesores de 7 centros participaron nas probas que se desenvolveron no IES Cabo Ortegal de Cariño e que consistiron nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana que se realizou no Cabo Ortegal.

O premio ao mellor equipo foi para o grupo formado por dous alumnos do IES Concepción Arenal Ana Cobelo Parga  eAlejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato e tres alumnos do IES Afonso X O Sabio de Cambre.

A mellor puntuación de entre os participantes foi para o alumno Alejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato que asistirá a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía, que este 2024 se celebrará o 13 de Abril en Zamora. 

Noraboa Mathew!!