Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Curso 18-19

Actividades do curso 2017-18

Graduación curso 2018-2019

 ¡GRADUÁMONOS!

Para ver as fotos do acto celebrado accedede a estas ligazóns:

No computador da biblioteca tedes tamén as fotos individuais das entregas dos diplomas.


 

Foto-Collage

Dentro das actividades programadas pola biblioteca na semana do libro, pedimos a vosa participación no FOTO-COLLAGE 2019. Podedes consulltar toda a información no cartel adxunto.
Esperamos a vosa participación!!!
equipo de dinamización da biblioteca.


 

Recollida e análise de mostras de augas

Os alumnos de Ciclo de Laboratorio e Química Ambiental realizaron a pasada semana unha saída a campo que consistiu na toma e análise in situ de distintos parámetros físicoquímicos para determinar a calidade das augas da ría de Ferrol.

Máis fotos:


 

Xornadas de Orientación

As alumnas e alumnos do Bacharelato de Artes e dos Ciclos de Operacións de Laboratorio e de Química Ambiental participaron nas II Xornadas de Orientación de Ferrol que tiveron lugar no Auditorio de Caranza.


 

Unha entrega de notas orixinal...

Con motivo da finalización das clases do Ciclo de Operacións de Laboratorio, preparouse para as alumnas e alumnos unha escape room no Instituto. Para conseguir os boletíns, os alumnos tiveron que superar unha serie de probas relacionadas con todos os módulos vistos ao longo do Ciclo. O terceiro trimestre estará adicado á formación en centros de traballo nas empresas asignadas.
 
 
 
Máis fotos: 


 

Libros solidarios

Pensando xa no día do libro, desde a Biblioteca, organizamos unha recollida de
libros de lectura que queiras doar. Podes deixalos na biblioteca ata o día 23 de
abril.


Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario.
Grazas pola túa participación!!!
Se queres saber máis, deixámosche abaixo o cartel. Tamén podes atopar a
información no blog da biblioteca http://bibliotecash.blogspot.com ou na Sala de
profesores.


Saúdos do Equipo de dinamización da biblioteca.

Accede ó cartel informativo:

 


 

Viaxe a París

 
O alumnado de francés de 1º e 2º de bacharelato realizou unha viaxe cultural á cidade da luz durante cinco días de intensa actividade. Puideron visitar monumentos impresionantes como a Sainte Chapelle, a catedral de Notre-Dame e as súas torres, o Panteón, o Arco de triunfo e os Campos Elíseos, a Torre Eiffel e o Sacré-Coeur no corazón de Montmartre. Así mesmo, realizaron unha visita ao museo de Orsay e do Louvre apreciando as súas obras máis relevantes así como o hotel dos Inválidos e o museo da Armada. Tamén gozaron dun día de diversión e maxia nos parques Disney e Walt Disney Studios onde as risas foron moitas...
 

A viaxe resultou ser unha experiencia magnífica para o noso alumnado que gozou moitísimo tanto da cidade como da oportunidade de desenvolverse no idioma nun entorno totalmente francófono, ademais da experiencia en grupo que sempre é enriquecedora

 

Aquí vedes o ben que o pasaron:


 

Consellos para utilizar as redes

A policía deixounos este tríptico sobre seguridade na rede:


 

Diversas actividades programadas para febreiro


 

 

Visita ao Hospital Teresa Herrera na Coruña

Visita ao Hospital Teresa Herrera na Coruña

Data e horas: Mércores 19 de decembro de 15:00 a 19:00.

Lugar: Hospital Teresa Herrera na Coruña

Cursos: Alumnado de 1º Bacharelato

Descripción:

Organización: Departamento de Bioloxía. Profesora Dolores Vizoso.

 


 

Ruta xeolóxica por Cedeira-Cariño-Espasante

Ruta xeolóxica por Cedeira-Cariño-Espasante

Data e horas: Xoves 20 de decembro de 8.30 a 18.30.

Información da zona: http://turismoferrolterra.es/wp-content/uploads/2015/10/Geoparque-Cabo-Ortegal-Castellano.pdf

Cursos: Alumnado de 1º Bacharelato

Organización: Departamento de Bioloxía. Profesora Dolores Vizoso

 


 

"Educación en valores e rap", de Diego Calatayud

 

Data e horas: Martes 4 de decembro de 12:30 a 14:10 h.

 

Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal

 

Cursos: 1º ESO e 4º ESO

 

Descripción: O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) ilustrará cómo é posible educar en valores a través do rap, relacionandoo neste caso coa competencia social e cívica. Animará ao alumnado de1º e 4º a romper cos estereotipos de xénero e co acoso escolar, mellorar o comportamento e aceptar a diversidade

 

Organización: Departamento de Orientación

 


 

Obradoiro de Amnistía Internacional

Actividade para o 11 de decembro. Preme na figura para máis información.


 

 

Charlas de AESLEME: “Te puede pasar” e “Si controlas, vuelves”

 

Charla de AESLEME “Te puede pasar”. Juan Antonio Gutiérrez

 

Data e horas: 19 de decembro de 12:30 a 13:20 h

Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal

Cursos: 2 ESO

Descripción: Charla do coordinador galego da Asociación española de lesionados medulares sobre a prevención de accidentes

Organización: Departamento de Orientación

--------------

 

Charla de AESLEME “Si controlas, vuelves”. Juan Antonio Gutiérrez

 

Data e horas: 20 de decembro

 de 09:30 a 10:10 h. 1 Bac A, B, C, D

 de 11:20 a 12:10 h 1 Bac E, F, G

Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal

Cursos: 1 Bacharelato

Descripción: Charla do coordinador galego da Asociación española de lesionados medulares sobre a prevención de accidentes

Organización: Departamento de Orientación

 


 

 

Charla de FEUGA sobre becas de formación

Preme na imaxe

 

Data e horas: 13 de decembro ás 12:30 h

Lugar: Biblioteca do IES Concepción Arenal

Cursos: Ciclos formativos

Descripción:

Organización: Departamento de FOL

 


 

 

Riscos asociados ás novas tecnoloxías

Preme no debuxo

 

Data e horas: 18 de decembro de 12:30-13:20 h

Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal

Cursos: 1 ESO

Descripción: Charla a cargo da Policía Nacional sobre os perigos do uso das novas tecnoloxías, internet, redes sociais,...

Organización: Departamento de Orientación

 


 

 

 

Charla sobre neurociencia

 

Data e horas: 20 de novembro, entre as 10:10 e 13:00 h

Lugar: Pazo da Cultura de Narón.

Cursos: alumnos/as de 1º de bacharelato B, C e D.

Organizador: Departamento de Bioloxía.

 


 

Festival de Nadal

No sorteo da CESTA DE NADAL, celebrado  publicamente o pasado 21 de

 decembro, resultou premiado o Nº 0230. A persoa agraciada poderá pasar  polo

 IES Concepción Arenal a recoller o premio, no prazo dun mes.

Nas vacacións os días 26, 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro (10 a 13 h)

Boas festas!!

 

Visita a Meteogalicia

 

Visita a METEOGALICIA en Santiago de Compostela

Data e horas: 29 de novembro, de 8.30 a 17.30h.

Lugar: Meteogalicia. Santiago de Compostela

Cursos: Alumnado de 2 Bacharelato científico

Organización: Departamento de Bioloxía.

 

 


 

Concurso de deseño de marcapáxinas

Preme na imaxe para ver as bases


 

II Certame de cómic contra a violencia de xénero

 Preme na imaxe para ver as bases:

 


 

Distribuir contido