Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Calendario convocatoria extraordinaria 1º e 2º Bacharelato

Calendario da convocatoria extraordinaria en 1º e 2º de Bacharelato.

Calendario 1º Bacharelato

Calendario 2º Bacharelato

 

 

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024

O 7 de xuño, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes. 

Información

 

Matrícula curso 2024-25

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

DOCUMENTOS NECESARIOS PARA A MATRÍCULA (Ver PDF) 

 Horario de 9:00 a 13:00 h 

1º BACHARELATO (Ordinario e  Adultos): 28  de xuño e 1,2 xullo

2º BACHARELATO (Ordinario e Adultos): 26 e 27  de xuño

3º e 4º ESO:  3 e 4 de xullo

1º e 2º ESO : 5 e 8 de xullo

CICLOS (alumnado que xa está cursando estas ensinanzas neste centro que pasa de 1º curso a 2º ou repetidores por primeira vez de 2º curso): Do 24 de xuño as 9:00 horas ata o 4 de xullo ás 13:00 horas

Nota: o sobre cos documentos para formalizar a matrícula, recolleránse na Conserxaría do centro, daráse un so por alumno/a.

Impresos matrícula 2 Bac

Impreso matrícula Artes 2Bac

Impreso matrícula CCSS 2Bac

Impreso matrícula Humanidades 2Bac

Impreso matrícula Ciencias e tecnoloxía 2Bac

Impresos de matrícula 1Bac

Impreso matrícula Artes 1Bac

Impreso matrícula CCSS 1Bac

Impreso matrícula Humanidades 1Bac

Impreso matrícula Ciencias e tecnoloxía 1Bac

Impresos de matrícula ESO

Impreso matrícula 4 ESO

Impreso matrícula 3 ESO

Impreso matrícula 2 ESO

Impreso matrícula 1 ESO

Calendario exámenes finais Ciclos formativos

Calendario das probas finais nos ciclos formativos impartidos no centro.

Calendario

Calendario reclamacións ás cualificacións ESO, 1º Bacharelato e ciclos

Calendario fin de curso co proceso de reclamación ás cualificacións da avaliación ordinaria (ESO, 1º Bacharelato) e da avaliación extraordinaria en 1º Bacharelato.

Calendario

Modelo reclamación ante o centro         Modelo reclamación ante Xefatura Territorial

Concurso de bd de humor Demo Pequeno, Museo Humor Fene

I Premio Concurso "SOMOS RURAL"

Información axudas libros e material escolar 2024-25

INFORMACIÓN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025.

Enlace web Xunta

Información

Calendario Probas libres Ciclos Formativos

ABAU convocatoria ordinaria

Información para a solicitude do título de Bacharel e a documentación e tasas para as probas da ABAU 2024.

Arquivo información

 

Acreditación en competencias dixitais

Ver as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de 2º curso de formación profesional e 2º curso de bacharelato para persoas adultas. Data límite 22 de maio. Exames a mediados de xuño. Ver correción de erros do 21 de maio.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024

O 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Ligazón para solicitude

O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Calendario reclamacións cualificacións finais segundo bacharelato

Instrucións de prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

 Instrucións                                                                                          Calendario

 

 Modelo reclamación ante o centro          Modelo reclamación ante a Xefatura Territorial

 

Listaxe de novo alumnado admitido

Pódese consultar presencialmente no taboeiro da entrada, vía telemática na sede electrónica ou en "Admisión alumnado":

Pendentes ESO 3ª avaliación

As probas de materias pendentes da ESO comezarán o mércores 22 de maio. Ver calendario en PDF.

 

 

Concursos

Concurso de microrrelatos, micropoesía e microteatro:

Resumo das bases

Concurso de fotografías históricas:

Concurso de literatura polo día das Letras Galegas:

Concurso de curtametraxes:

 

 

Concurso de talentos:

Anulación de matrícula

Bacharelato: o alumnado maior de idade ou titor/a legal poderán solicitar anulación de matrícula ata o 30 abril. Máis información no artigo 3.4 do DOG martes 13 xuño 2023.

 

Admisión ESO e Bacharelato 2024-25

 

Todas as solicitudes ordinarias de admisión foron admitidas e teñen praza no centro para o curso 2024-25.

Pódese consultar o listado nos tablóns do centro a partir do 25 de abril.

 

O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión será dende o día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

Información admisión alumnado ESO e Bacharelato 2024-25

Vacantes 2024-25

Calendario

Zonas influencia ESO e Bacharelato

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25

Dende o 19 de marzo ata o 10 de maio abrése o prazo para a convocatoria de becas do MEC 24/25.

 

No seguinte enlace tedes información o respecto.

Festivo local

O vindeiro martes 19 de marzo o centro estará pechado por ser festivo local

Acreditación competencias dixitais alumnado 4ºESO e 2ºBacharelato

 A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación

Os alumnos de 4º ESO terán unha proba para obter o nivel intermedio.

Os alumnos de 2º Bacharelato terán unha proba para obter o nivel intermedio (área de dominio 4).

Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o luns 11 de marzo inclusive.

 

Punto laranxa

 

É un buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. No noso centro está instalado no corredor que vai cara ao despacho de Orientación. Tamén pódese empregar o punto laranxa web.

XORNADA PORTAS ABERTAS

1º premio na Olimpiada de Xeoloxía

O Xeoparque do Cabo Ortegal foi elixido pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra (AEPECT) como unha das sedes da fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía,  xunto con Santiago, Vigo e Montañas do Courel.

Durante a xornada de onte, un total de 49 alumnos acompañados de profesores de 7 centros participaron nas probas que se desenvolveron no IES Cabo Ortegal de Cariño e que consistiron nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana que se realizou no Cabo Ortegal.

O premio ao mellor equipo foi para o grupo formado por dous alumnos do IES Concepción Arenal Ana Cobelo Parga  eAlejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato e tres alumnos do IES Afonso X O Sabio de Cambre.

A mellor puntuación de entre os participantes foi para o alumno Alejandro Mathew López Bouza de 1º de bacharelato que asistirá a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía, que este 2024 se celebrará o 13 de Abril en Zamora. 

Noraboa Mathew!!

O challenge da túa vida

 

O pasado 25 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO recibiu á Asociación Española Contra o Cancro coa súa proposta “O challenge da túa vida”, unha iniciativa para adoptar hábitos saudables e tomar medidas preventivas que se presentou nun formato de “talk show”. 

Trátase dun proxecto que anima a adoptar estilos de vida saudables e tomar medidas preventivas para protexer a nosa saúde. 

Dende o IES Concepción Arenal, queremos dar as grazas á Asociación Española Contra o Cancro por visitarnos e compartir esta valiosa iniciativa co noso alumnado. Xuntos, podemos facer a diferenza na loita contra o cancro. 

Carta de agradacemento a toda a comunidade do IES Concepción Arenal 

Campaña de Nadal "XOGUETES SOLIDARIOS"

Dende hoxe e ata o próximo xoves 21 de decembro, colaboramos con a Asociación Dignidad recollendo xoguetes para que ningún neno ou nena quede sin sorriso este Nadal!

Podedes deixalos na mesa que hai na entrada do instituto ou preguntar en Conserxería.

MOITAS GRAZAS!

I Concurso ECO-NADAL

Distribuir contido