Skip to Content

Dinamización

O IES Chamoso Lamas acada o cuarto posto na final galega do Club de Debate

O pasado 26 de abril o alumnado pertencente ao Club de Debate do noso centro desprazouse a Ferrol a participar na final galega deste evento.

Logo de debater durante todo o día contra os mellores centros de Galicia, o IES Chamoso Lamas acadou un máis que meritorio cuarto posto.

A clasificación final ficou así:

IES Luís Seoane-Pontevedra   387

IES Saturnino Montojo-Ferrol

347
IES A Xunqueira-Pontevedra 345
IES Chamoso Lamas-O Carballiño 340
IES Parga Pondal-Carballo 327
IES Leixa- Ferrol 283
IES Número 1-O Carballiño 278
IES Plurilingüe de Ames-Ames 233

O IES Chamoso Lamas gañador do I Club de Debate do Carballiño

 O pasado 29 de marzo celebrouse no auditorio do Carballiño o I Club de Debate, onde escolares pertencentes aos dous institutos da vila debateron sobre a independencia de Galicia.

O equipo do noso centro formado por Elisa Nóvoa, Patricia Henriques, Rebeca Rodríguez, Noemí García, Álvaro Suárez, Francisco Javier Silvares, Alba Iglesias, Lucía España, Santiago Estévez e Ana Fernández, preparados por Clara Vázquez e Miguel Pereira, acadou  377 puntos fronte os 296 que acadou o grupo do instituto Número 1.

Parabéns aos integrantes do noso equipo e sorte aos dous centros para a fase final que terá lugar en Ferrol o sábado 26 de abril, onde competirán contra os mellores equipos de Galicia.

AS FOTOS DO DEBATE
O DEBATE TV CARBALLIÑO 1

O DEBATE TV CARBALLIÑO 2

 

 

FLASH MOB NO COMEDOR

A profesora Clara Vázquez xunto cos seus alumnos de teatro realizaron o seguinte FlashMob no comedor do centro, trala suxerencia do Equipo de Normalización. Esperamos que vos guste:

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut