Actividades Biblioteca

CERTAME DE VÍDEOPOEMAS NO IES CHAMOSO LAMAS

Dinamización Lingüítica, o departamento de Galego e a Biblioteca convocan un certame de Vídeopoemas con gallo das Letras Galegas. A poesía de Xela Arias visualízase a través de imaxes. A gañadora do 1º premio foi Rita González Requejo e o 2º caeu nas mans de Paula Prieto Puga de 1º de ESO. Parabéns para todos os traballos presentados. Gran a gran faise unha boa colleita!!!! Sementemos GALEGO

Ou pica no seguinte enlace.

CREAcción Día do Libro: “Roteiro pola Vilamorta de Emilia Pardo Bazán”

Seguindo o rumbo marcado polas  Xeografías Lectoras, lema deste ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia, no noso centro propuxémonos percorrer a nosa propia xeografía, é dicir, a nosa propia vila, cunha mirada nova… A idea naceu cando o Concello do Carballiño decidiu reeditar o libro de Emilia Pardo Bazán “El cisne de Vilamorta” e regalou ao noso centro varios exemplares do libro.  Neste libro Emilia Pardo Bazán, convertiu a O Carballiño en “a Vilamorta”.  

Foi o alumnado de 4º ESO o elexido para facer a homenaxe a Emilia Pardo Bazán cun roteiro no que o venres 23 de Abril, Día do Libro, percorrimos os distintos lugares que aparecen na novela, e limos fragmentos do libro. 

Aínda que xa vos deixamos un pequeno vídeo-resumo da actividade, recollimos todo o traballo feito no seguinte vídeo xa máis completo e que, por fin, temos editado. 

Agardamos que vos guste!

SAN VALENTÍN: REGALA UNHA PALABRA

O alumnado de 2º ESO, coa profe Yolanda, fixo esta actividade para o 14 de febreiro... Aquí vos deixamos como a fixeron!

Serías ti un dos afortunados que recibiu un destes agasallos nesta data?

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Vídeo realizado polos estudantes do IES Chamoso Lamas en colaboración coa Biblioteca e os departamentos de Normalización e Gallego.

 

25 N

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero neste curso atípico vos deixamos aquí un pequeno vídeo no que colaboraron alumnos e alumnas do centro: 

Concursos Samaín

Chegou o Samaín a este curso tan atípico!! 

Aínda que con cambios e empregando ao máximo o entorno virtual este ano queremos proporvos dous concursos: un de relatos curtos de medo e outro para que ilustredes cos vosos debuxos os relatos gañadores no concurso do ano pasado.

Deixámovos unha mostra dos carteis con toda a información, que podedes consultar no noso blog "O burato do Tobías" e no instagram da biblioteca @tobiasbibliochamoso  

Animádevos e participade!

Protocolo COVID-19 Biblioteca

Plano Biblioteca adaptada ao protocolo COVID-19

Distribuir contido