Skip to Content

Complementarias e extraescolares

GAÑADORES DO CONCURSO DO APALPADOR

Os estudantes de CM de Xestión Adminstrativa foron os gañadores do concurso, organizado pola Biblioteca, "Crear o Teu Apalpador". Bo traballo!!!!!!

Samaín

Samaín, polo alumnado da Aula de Teatro do Chamoso, TERRORÍFICO

 

CASA MUSEO OTERO PEDRAYO

O pasado 1 de abril, o departamento de Galego organizou unha saída cos alumnos de 4ºESO para visitar a Casa Museo de Otero Pedraio.
Os nosos alumnos e alumnas puideron aprender das explicacións que recibiron da guía do museo, mentres paseaban polos diferentes departamentos da casa. As explicacións non só se centraban na obra de Otero, se non que tamén facían referencia á súa vida persoal e á súa relación coa familia e con Galicia, tanto a nivel cultural como político. Chamoulles moito a atención o bó estado de conservación dos mobles, a preciosa galería que tiña a casa, e sobre todo a inxente cantidade de libros que aínda se conservan do intelectual galego.
Finalmente e para rematar a visita, os alumnos e alumnas visitaron a tenda que hai no recinto do museo, onde os seus profesores acompañantes aproveitaron para facer algunha compra.
Agardamos que noutros anos máis nenos e nenas do Chamoso poidan visitar o museo dun dos máis importantes escritores galegos de todos os tempos.

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Casa Museo Otero Pedrayo
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut