Skip to Content

Terceiro trimestre 2021-2022

22/06/2022  FESTA FINAL DE CURSO

O mércores 22 de xuño, o noso alumnado rematou as clases deste curso, e como colofón celebramos unha pequena festa de despedida amenizada por alumnado de 3º de ESO. Alex Leal e Alex Romero foron uns DJ excepcionais que nos amenizaron con música no patio do centro. Bailamos, cantamos  o pasamos fenomenal!!

Ademais puidemos gozar dunscrêpes deliciosos nos que colaborou tamén parte do  alumnado, sen esquecer a froita sempre presente nos  nosos almorzos!!!

En setembro volveremos ás aulas coas baterías cargadas e enerxías renovadas, disfrutade dun merecido descanso!!!

                           

21/06/2022 ENTREGA DE PREMIOS ATRÉVETE A TER UNHA IDEA

Neste día tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, a cerimonia de clausura e entrega de premios do concurso “Atrévete a ter unha idea 2022” do programa EDUEMPRENDE proposto pola Consellería de Educación para o fomento do Emprendemento.

O IES Plurilingüe Castro da Uz participa neste programa por sexto ano consecutivo. Nesta ocasión temos que dar a en hora boa ao noso alumnado de 2º de ESO que foi galardoado cunha experiencia nun parque de aventuras na natureza polo seu innovador proxecto GLOVERSIDE PARK  que consiste na xestión sostible dun espazo natural.

Parabéns tamén para Xoel Alonso, Manuel Barro e Aitaza Cazás de 1º de ESO que foron galardoados cunha tablet para cada un polas súas boas ideas emprendedoras.

Agradecemos enormemente a colaboración e participación da asociación de empresarios seara neste atractivo proxecto, e a profesora de Tecnoloxía Rebeca Gómez pola súa implicación.

Como centro receptor do programa Atrévete recibimos ós cursos 6º de Primaria do CEIP a Magdalena e CEIP A Fraga en diferentes xornadas nas que participaron empresarios da comarca nas que  nos contaron as súas experiencias . 

               

                

 

14/06/2022 VISITA AO MUNCYT

No Castro non paramos de facer saídas vinculadas ás aprendizaxes!!! Nesta ocasión o Departamento de Tecnoloxía programou unha divertida e proveitosa VISITA AO MUNCYT na cidadade da Coruña co grupo de 2º de ESO.

                        

                                                                  

13/06/2022 SAÍDA COSTA DA MORTE:CASTELO DE VIMIANZO, DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO

Continuamos coas nosas saídas didácticas!!

Esta vez tocoulle ao grupo de 1º de ESO. Fixeron un bonito percorrido pola Costa da Morte no que visitaron o Castelo de Vimianzo, o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro en Cabanas de Bergantiños, finalizando na xornada na Praia de Balarés en Ponteceso.

Esta saída foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

                                                       

      

                                                       

 

9/06/2022 RUTA POLAS FERVENZAS DE SOMEDE, MIRADOR O BICO DO SANTO E PRAIA DE CARNOTA

Neste día o alumnado de 2º de ESO puido gozar dunha marabillosa xornada na que visitamos a FERVENZA do ÉZARO, posteriormente realizamos unha andaina ata chegar ao MIRADOR O BICO DO SANTO onde contemplamos unha paisaxe espectacular. Rematamos o día cun baño nas augas cristalinas da PRAIA DE CARNOTA.

            

            

7/06/2022 ROTEIRO POLAS FERVENZAS DE SOMEDE

O alumnado de 1º de FP Básica, realizou un  fermoso  ROTEIRO POLAS FERVENZAS DE SOMEDE  proposto polo departamento de Xeografía e Historia

Esta ruta polo río do Campo e a cola do embalse do Eume, tivo como obxectivo traballar o aprendido na aula con respecto ás técnicas de análise xeográfica rexional, procesos erosivos, aproveitamentos hidroeléctricos e potencialidades e conflitos entre os usos tradicionais e modernos nos espazos rurais.

3/06/2022 OBRADIORO DE ARQUITECTURA XEOMETRÍA E MATEMÁTICAS: PALITROQUES

O alumnado de 2º  e da ESO puido participar no obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada "PALITROQUES", proposto e financiado polo Concello das Pontesen coordinación có Departamento de Matemáticas.

A nosa pista polideportiva converteuse, por unha maña, nun taller de construción no que os nosos rapaces e rapazas manipularon e aprenderon, entre outras cousas, a importancia do triángulo.

Comezaron pola construción de cubos e pirámides sinxelas que foron evolucionando ata se converteren en vellos coñecidos: algúns dos sólidos platónicos.

 

                                            

24/05/2022 PROGRAMA MOTÍVATE. VISITA EMPRESA EINSA E PRADO VENTURA

O noso alumnado de 2º de ESO visitou as empresas EINSA e PRADO VENTURA. Dita actividade foi posible grazas á Asociación de Empreasarios Seara e ao concello das pontes que  nos permitiron  participar no Proxecto MOTÍVATE co obxectivo de achegar á rapazada ao mundo empresarial e á cultura emprendedora.

Agradecemos a implicación de Erika Sanz e Tania Pardo do concello, David de Einsa e Noa de Prado Ventura que facilitaron ao noso alumnado acercarse e coñecer de primeira  man   o entorno empresarial das Pontes.

     

19/05/2022 FRAGAS DO EUME- PROXECTO FOTOTRAMPEO

Bonita xornada a que tivo neste día o noso alumnado de 3º de ESO nas Fragas do Eume.

Participaron nun programa de FOTOTRAMPEO proposto polos Departamentos de Xeografía e Historia, e Bioloxía, e organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Os rapaces coñeceron e vivenciaron metodoloxías de mostraxe non invasiva, e aprenderon a  identificar rastros de animais. Abordáronse contidos eminentemente prácticos como a elaboración de trampas de pelo e pegadas e a instalación e revisión de estacións de fototrampeo.

Foi espectacular o momento no que se atoparon cunha cría de cervo!!!

 

 

17/05/2022 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 - FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Natalia Vega e María Alvariño, propúxose unha fermosa actividade que involucrou a toda a Comunidade Educativa. Unha actividade baseada nos poemas de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, e  que consistía en ler detidamente cada un dos poemas adxudicados ao alumnado e transformalos en imaxes, nunhas fotografías persoais, como son os textos de Florencio. O que pretendíamos con esta actividade é que deixasemos fluír a imaxinación e que a inspiración fora un motivo de perder o tempo.

Unha vez realizadas as fotos, que podían ser en branco e negro ou en color pero sempre INÉDITAS e ORIXINAIS, debíamos inserir nelas algunha palabra ou algúns versos do texto que lles correspondía.

Á continuación subíronse as fotografías á aula virtual de Dinamización Lingüística.  Entre todas as fotografías enviadas seleccionaronse as mellores

Os gañadores deste concurso exposición foron os seguintes:

1º CICLO ESO

1º Premio: Aroa Carballeira- 2º ESO

2º Premio: Rita García - 2º ESO

3º Premio: Candela Hermida - 2º ESO

 2º CICLO ESO

1º Premio: Laura Vispalia - 3º ESO

2º Premio: María Fahym- 4º ESO

3º Premio: Alejandro Ledo- 3º ESO

12/05/2022 A EVOLUCIÓN MUSICAL DOS MEMBROS DO FORGET

Hoxe, Lady Vane e Climan de FORGET LA FRANCE, un grupo de rock de Lugo, presentounos a súa música e a súa traxectoria no insti.

Contáronnos a súa experiencia, resolveron dúbidas a animáronnos a buscar o noso propio estilo.

Aquí vos deixamos unhas fotos do marabilloso concerto co que deleitaron ao alumnado!!

 

4, 5, 6/05/2022 OBRADOIRO SEXUALIDADE

Hoxe rematamos o ciclo “OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL” dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes  obxectivos:

Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.

·      Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.

·     Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. Foi todo un éxito!!

                                       

03/05/2022 VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

O alumnado de 3º de ESO realizou unha interesante visita ao PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO en Xermade, Lugo. Participaron nun taller sobre o funcionamento de paneis fotovoltaicos, coñeceron o interior dunha vivenda Bioclimática e visitaron os aeroxeradores.

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, é necesario tratar de tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable. Nesta liña, e buscando  unha Educación Ambiental de calidade, os nosos alumnos puideron tomar conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral.

            

         

DE 27/04/22 A 4/05/22 OBRADOIRO MÚSICA E IGUALDADE

Nestes días celebramos no noso centro o Obradoiro “MÚSICA E IGUALDADE” levado a cabo polo grupo musical “LAS ANTONIAS” que está enmarcado no Plan de Igualdade co que estamos comprometidos.

Estivo dirixido ao alumnado de ESO, FPB e CICLOS e tiña como obxectivo reflexionar sobre o machismo inmerso nas letras das cancións ao longo da historia

O obradoiro tivo lugar ao longo de tres sesións.

O primeiro día, estudiamos algunhas letras de cancións de diferentes épocas.

Na segunda xornada, elaboramos estrofas dunha canción por grupos con temáticas diversas e sempre respectuosas.

Por último, chegou o día do gran concerto, no que puidemos gozar con Las Antonias, tanto coas súas cancións como coas nosas creacións.

  

    

22-26/04/2022 VIAXE FIN DE ETAPA- 4º ESO. TENERIFE

O Noso alumnado de 4 de ESO tiña ben merecida a súa viaxe de fin de etapa e hoxe por fin, chegou o día de voar cara Tenerife.

Dia 1: Visita ao LORO PARQUE e paseo por Puerto de la Cruz.

Día 2: Nesta ocasión tocou visitar a OROTAVA e subir cara á zona máis alta da illa, o TEIDE.

Tivemos un pequeno contratempo posto que por causa do vento, xa nos comunicaron antes de subir ao bus que o teleférico non ía traballar hoxe.

Pero non importou, puidemos gozar de espectaculares vistas, de paisaxes basálticas, de nubes desprazándose a toda velocidade tanto nas alturas como aos nosos pés...

Día 3: A terceira xornada foi moi emocionante, esperábanos o SIAM PARK e, aínda que o tempo estaba fresco, non deixamos que iso nos parase e animámonos a gozar coa auga!!

Día 4: Outro día máis nesta illa volcánica da que puidemos coñecer algúns dos seus lugares máis emblemáticos,  Icod de Los Vinos e Garachico. Subimos por tortuosas estradas para poder gozar coas vistas de Masca e por último vivimos a experiencia de montar en camelo e visitamos algunhas crías acompañadas das súas nais. 

            

         

21-24/04/2022 VIAXE DÍA DO LIBRO

Despois de dous largos anos de pandemia, os nosos argalleir@s das letras puideron retomar a tradicional viaxe do Día do Libro. Planificamos unha bonita ruta por Toledo, Salamanca e os Muiños de Consuegra.

Día 1: Visita pola maxestuosa cidade de Toledo na que descubriron os segredos que encerra a súa Catedral, o Monasterio de San Juan de los Reyes, a Porta da Bisagra e o cadro do Enterro do Conde Orgaz na Iglesia de Santo Tomé entre outros... 

Moitas horas de viaxe, aínda que mereceron a pena!!!

Día 2: Visita ao Parque Puy Du Fou en Toledo onde puideron gozar de magníficos espectáculos como "A Pluma y Espada", "El Último Cantar", " Allende la Mar Océana" e "Cetrería de Reyes". En esencia, un lugar no que mundos e épocas que se daban por esquecidos atoparon o seu refuxio!!!

Día 3 - DÍA DO LIBRO: Como non podía ser doutro modo, comezamos o día lendo. Continuamos co libro escollido  para este ano, "Retrincos" de Castelao. 

Despois saímos cara Consuegra onde visitamos os característicos muiños e o Castelo. Na sala capitular do mesmo lemos uns capítulos do QUIJOTE.

De camiño a Salamanca fixemos parada técnica en Ávila.

Día 4: Este día intenso dedicámolo a percorrer e coñecer Salamanca.

A nosa guía ensinounos lugares da cidade que dificilmente esqueceremos: Igrexa de San Martiño, Casa das Cunchas, Catedral, onde fomos quen de atopar figuras como o astronauta, lince, cangrexo ....

Despois paseamos polo barrio xudeo e para o final...A Universidade, coa súa fachada, aula orixinal, a Aula Magna, praraninfo, capela, biblioteca...

Para rematar, tivemos o pracer de continuar a lectura do libro deste ano nada menos que na Aula de Miguel de Unamuno.

Sen dúbida unha viaxe inesquecíbel!! 

                  



page | by Dr. Radut