Terceiro trimestre curso 2020-2021

2 - 7/ 06/2021 COLABORACIÓN MAPATÓN PATRIMONIAL DAS PONTES

Onte, o alumnado de 4º de ESO rematou unha interesante e innovadora actividade: MAPATÓN,  que  é unha reunión organizada de persoas para agregar datos a Open Street Map. Este proxecto coordinado por Miño Guerrerio, teñe como finalidade principal coñecer, protexer e difundir o patrimonio pontés mentres se descobren novas ferramentas cartográficas baseadas nos conceptos de software libre. Agadecemos enormemente a posta en marcha desta iniciativa a @enxeñeríasenfronteirasgalicia, coa colaboración de @cultureueme e @melisa que contou con noso alumnado para realizar unha recollida de fitos patrimoniais no Freixo e Somede, e que posteriomente os trasladou xa na aula, á ferramenta cartográfica colaborativa e libre OpenStreetMap.

Foi todo un éxito!! Os vindeiros cursos seguiremos colaborando na creación de mapas editables e libres.

  

5/06/2021 DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Polo día do medio ambiente contamos no noso centro coa exposición “Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá” Conta con 17 viñetas, unha por cada Obxectivo, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau. A través da mostra, ideada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.

Grazas ás Consellerías de Turismo e de Benestar Social das Pontes por apoiar esta fermosa iniciativa.

                 

25/05/2021 OBRADOIRO: FAI CILC AO TEU BOCATA

Tivemos o pracer de ter ewste día o obradoiro: “FAI CLICK AO TEU BOCATA”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.

Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

A campaña está deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.

O obradoiro contempla actividades informativas, e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

 

20/05/2021 VISITA DO ESCRITOR RUBÉN RUIBAL

Neste día, tivemos o pracer de ter con nós ao actor e escritor Rubén Ruibal, autor da obra que está a ler o alumnado de 3º de ESO, Limpeza de Sangue. Pasamos un rato moi entretido e firmounos un pa de libros para a nosa biblioteca e deixounos una bonita dedicatoria como recordo 

17/05/2021 DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021- XELA ARIAS

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Natalia Vega e María Alvariño, propúxose unha fermosa actividade que involucrou a toda a Comunidade Educativa e que consistía en escoller un poema de XELA ARIAS e transformar as súas palabras en imaxes tan orixinais como os seus textos.

O resultado é esta impresionante exposición coa que conmemoramos o día das Letras Galegas 2021 e que podedes ver na seguinte ligazón

                              

Os gañadores deste concurso exposición foron os seguintes:

1º CICLO ESO

1º Premio: Mateo Meizoso Pico

                                   

2º Premio: Paula Rodríguez Fornos

                              

3º Premio: Aroa Carballeira Guerreiro

                            

3º Premio: Guillermo Torres Romero

                           

2º CICLO ESO

1º Premio: Andrea Vilasuso Cancelo

                                                          

2º Premio: Sergio Cabarcos Montero 

                                                      

3º Premio: David Cendán Cancelo

                                                           

 

3º Premio: Victor Pellón Rey

                                             

 

CICLOS

Carmen Piñeiro

                                                                 

As fotografías gañadoras dos PROFESORES foron as seguintes:

May

                                                

María Alvariño

                                                      

 

Patricia Valdivieso

                               

 

28/04/2021 - 11/05/2021 - 25/05/2021 FALADOIROS CON MULLERES CTEM

Desde o Concello das Pontes, no marco da campaña “Unha EXPERIENCIA de COIDADO. Correspóndeche escoller a túa”, convidáronnos a participar na actividade “Faladoiros con mulleres CTEM”. Tratóuse dunha actividade en modalidade online coa que espertar a curiosidade das mozas e mozas (especialmente das primeiras) polo modelo CTEM e polas distintas carreiras relacionadas. A presenza de mulleres nos eidos das Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés) é cada vez maior. Se ben é certo que sempre estiveron presentes nestes campos, tamén é certo que sempre estiveron invisibilizadas. “Faladoiros con mulleres CTEM” tivo a finalidade de impulsar a visibilización de referentes femininos do presente en ámbitos relacionados co campo CTEM, entre o alumnado de 3º e 4º da ESO en xeral, e entre as alumnas en particular, xa que se atopan nunha etapa crucial na que teñen que escoller a rama de estudo que marcará a súa futura formación. Ademais, coa actividade, buscamos contribuír a rachar cos prexuízos, estereotipos e roles de xénero impostos socialmente, xa que teñen un gran peso á hora de escoller rama de coñecemento entre as mozas e os mozos.

Deste xeito, noso centro participou en dúas accións complementarias:

• UNHA PRIMEIRA coa que coñecer a percepción do alumnado e os seus prexuízos e estereotipos sobre o xénero e as disciplinas CTEM;

• UNHA SEGUNDA consistente en 3 faladoiros con mulleres CTEM.

      MARISA CASTRO

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é hoxe unha das maiores especialistas en micoloxía e botánica da Galiza. Descubriu sete novas especies, das que lle foron dedicadas dúas.Ten diversos artigos, libros e guías publicadas.

     GRACIELA PAZ

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou a súa carreira nvestigadora no Departamento de Botánica desta universidade, sendo pioneira na investigación en liques en Galicia.

     MARÍA DE LA FUENTE

Investigadora pontesa, é licenciada en Farmacia e Doutorada en Tecnoloxía Farmacéutica e Nanomedicina, traballou como investigadora en centros de recoñecida reputación en España e no estranxeiro. Centra a súa actividade no desenvolvemento de novas terapias e métodos de diagnóstico para cáncer e outras enfermidades.

 

 

23/04/2021 DIA DO LIBRO 2021

Os nosos argalleir@s das letras viaxaron co club de lectura a MONDOÑEO para celebrar o día do libro.

                                                                                

       

                                                              

Realizaron a RUTA DE ÁLVARO CUNQUEIRO e visitaron lugares emblemáticos como o Museo da Imprenta, a Fonte Vella, a Casa Museo Álvaro Cunqueiro o Cemiterio Vello e a Catedral, onde puideron gozar dun pequeno concerto de órgano.

Ademais, como todos os anos, realizaron a lectura continuada dun libro, que nesta ocasión foi Xente de aquí e de Acolá, de Álvaro Cunqueiro.

                                          

Fermoso día!!!

Agora toca traballar no centro sobre a lectura do libro. Os argalleir@s das letras xa están pensando e creando unha nube de palabras e unha orixinal pintura relacionadas có libro elexido. Pronto os ensinaremos os resultados. 

15/04/2021 FACENDO AMIG@S

O noso alumnado de 2º ESO rematou nestes días a actividade FACENDO AMIG@S, que consistiu nun intercambio epistolar co alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón.         

Estivo coordinada polo Equipo de Dinamización Lingüística cos seguintes obxectivos:

-Achegar ao alumnado á súa lingua dende o coñecemento e o sentimento, e formalos con competencia activa na escrita e a oralidade.

-Amosar que o galego está presente no seu mundo e animalos a empregar a súa lingua en todos os ámbitos e en todas as situacións.

-Achegalos a través da súa lingua a valores como a solidariedade, o respecto aos demais, á natureza... 

O resultado foi un éxito e axudou a fomentar as relacións entre o alumnado dos dous centros educativos.

                  

                    

6/04/2021 CHARLA FORZAS ARMADAS

O noso alumnado de FP Básica asistiu a unha interresante charla impartida desde a sección de apoio ao Reclutamento da Armada de Ferrol. Nela ofrecéronnos información sobre o seu desempeño profesional e presentaron aos nenos e nenas a posibilidade de entrar nas Forzas armadas como unha opción mais a partir do momento no que termiñen os seus estudos.