Skip to Content

Segundo trimestre curso 2020-2021

25/03/2021 CHARLA PROGRAMA ATRÉVETE. EMPRENDEDORA CARMEN BELLAS

O noso alumnado de 1º de ESO participou nunha charla enmarcada no Programa Atrévete 2021 da Xunta de Galicia para o fomento do emprendemento.

Tivemos o pracer de ter con nós a Carolina da @asociacionseara e a emprendedora Carmen Bellas, que nos explicou o seu proxecto empresarial chamado @conloquetengo.

Trátase dunha fermosa iniciativa baseada na sostenibilidade no mundo da moda, na que crea bolsos, mochilas e xoias con elementos reciclados dándolles unha segunda vida.  

Grazas Carmen por transmitir os valores de tan fermoso proxecto e sensibilizar á  comunidade educativa da importancia de fomentar econstruír  unha nova cultura emprendedora.

 

25/03/2021 CHARLA PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL: "RISCOS DE INTERNET"

O noso alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha interesante e necesaria charla sobre os perigros e riscos aos que nos enfrentamos cada día nas redes sociais e en xeral ao mundo de internet.                                                 

                                                                  

24/03/2021 CHARLA USC:"FORMACIÓN PARA O TRABALLO E INSERCIÓN LABORAL"

O alumnado de 1º e 2º de Ciclos Formativos de ELECTROMECÁNICA E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES asistiu a unha interesante charla sobre os requisitos mais novedosos para a inseerción laboral.

A formación para o traballo acorde cos perfiles profesionales que se demandan no sistema productivo requiere hoxe un coñecemento dos futuros profesionales de cara a elixir o itinerario formativo adecuado para poder insertarse laboralmente tendo en conta as suas preferencias, inquietudes, e aptitudes/actitudes contrastandoas coa oportunidade de poder traballar na quelo que che gusta dentro dos distintos niveis de cualificación despois de recibir a formación adecuada.

                                       

15/03/2021 OBRA DE TEATRO:"CONTAMOS TODAS"

Neste día o noso alumnado de ESO e FP Básica asistiu a obra de teatro “CONTAMOS TODAS” da cooperativa galega de artistas CHARLATANA. Trátase dun espectáculo e un obradoiro á vez.

A actividade enmárcase dentro das programadas e subvencionadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

Comezaron con dous contos, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións e como conseguiron empoderarse. Historias reais, sinceras e inspiradoras.

Por un lado, mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta. E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación….

A través de dinámicas activas e participativas, animaron a todo o alumnado a participar e opinar, coa voz e co corpo, para finalmente improvisar unha escena sobre a que reflexionar e que xurdira das súas propias opinións.

                   

8/03/2021 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Polo día internacional da muller no noso centro fixemos diferentes actividades ao longo de toda a semana nas que conmemorabamos a loita das mulleres pola igualdade:

1- O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vén de desenvolver un innovador proxecto, no que mestura arte, investigación e multimedia, todo iso aderezado coa sensibilidade das nosas e dos nosos artistas.

O resultado son estas espectaculares obras, nas que retrataron e pintaron catro persoas escollidas en votación polo alumnado e que representan ámbitos moi diferentes, que por suposto, están protexidas con máscaras imprescindibles en tempos de pandemia.

As elixidas foron catro mulleres: Rosalía de Castro, Malala, Frida Kahlo e A rapaza da Perla.

Cada cadro conta cun código QR que permite acceder a un vídeo explicativo do proceso creativo, así como información sobre a persoa retratada.

                                  

Na seguinte ligazón podedes comprobrar o proceso de realización destas fermosas obras resumido nun divertido vídeo

 

Na seguinte ligazón podedes ver o noso alumnado de FP Básica de Informática na TVG. Cóntannos de novo o seu proxecto innovador que mestura arte, investigación e multimedia co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller. Bo traballo!!!

O vídeo comeza no minuto 18:00 do programa, e a intervención do alumnado está rexistrada entre o minuto 18:40 e o 22:35.

2- A profe de Plástica, Beatriz Caamaño, propuxo ao alumnado unha fermosa actividade que consistiu en escoller unha muller á que admirasen (nais, avoas, amigas, irmás, actrices, doutoras, etc..) e xunto coa súa foto indicar por que a admiraban. Na aula usaron varias técnicas como por exemplo o collage para darlle un toque máis artístico e o resultado foi fantástico!!

Contamos cunha bonita homenaxe a todas esas grandes mulleres que nos rodean e podemos ver estas orixinais obras enmarcadas nos corredores do noso centro.

                                  

4/03/2021 CHARLA USC:" A IMPRESIÓN 3D: UNHA TECNOLOXÍA EMERXENTE. APLICACIÓNS NA CIENCIA

O alumnado de Ciclos formativos de Sistemas Microinformáticos e Redes e Electromecánica de vehículos automóbiles asistiu a innovadora charla da USC sobre a impresión 3D. Descrición da tecnoloxía de impresión 3D. Aplicacións no ámbito científico, particularmente o deseño de catalizadores para reaccións químicas. Taller demostrativo con impresora.

                                

2/03/2021 CHARLA: TIPOLOXÍA E MANEXO DOS GASES

Esta semana o alumnado de FP Dual Soldadura, CF Electromecánica de vehículos automóbiles e FP Básica Automoción participou nunha interesante charla sobre a TIPOLOXÍA E MANEXO DOS GASES. Nela puideron coñecer a importancia que teñen os gases como o Argón, Helio, Acetileno, CO2 e Hidróxeno entre outros  para empregar nos diferentes procesos de Soldadura en función do material que se está a soldar.

                   

2/03/2021 OBRADOIROS SEXUALIDADE

Hoxe rematamos o ciclo “OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL” dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes obxectivos:

·    Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.

·    Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.

·    Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. Foi todo un éxito!!

                           

Posteriormente comezaremos coas sesións para familias e profes!!!

23/02/2021 CHARLA." PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS: LUDOPATÍA"

                                          

12/02/2021 ENTROIDO

Neste puidemos gozar dun ENTROIDO diferente. Festexamos unha das tradicións máis arraigadas na nosa cultura seguindo as instrucións que dende o inicio de semana nos ía dando O Meco:

Unllas pintadas, mandil, zapato ou calcetín de colorín, gravata ou colar, máis un peiteado divertido na cabeza, tocounos levar.

                                            

Decoramos o noso vestíbulo cunha orixinal exposición de máscaras elaboradas polo alumnado e degustamos os tradicionais freixós e orellas cos que nos agasallou Anpa Ronsel.

                                     

Por suposto, mantemos sempre as medidas de seguridade necesarias neste momento da pandemia!!!

11/02/2021 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Para conmemorar o día da muller e a nena na ciencia, entre outras actividades, imos dar visibilidade nas nosas aulas proxectando o seguinte vídeo.

                                 

3/02/2021 CHARLA PROGRAMA EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación, Obra Social ABANCA, puxeron  en marcha a I Edición do Programa «Empresa Familiar nas aulas», una iniciativa que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre a xuventude  a través do seu contacto directo co mundo empresarial.  O noso centro participa co alumnado de 3º de ESO.

O  programa prevé unha serie de actividades, que permiten ao alumnado adentrarse no mundo empresarial e, concretamente no ámbito da empresa familiar, reforzando deste xeito os contidos relacionados coa empresa e emprendemento previstos nos seus currículos académicos.

Grazas a estas actividades, esta semana tivemos o pracer de contar nas nosas aulas coa presencia de Pepe Castro e Eva Mª Castro da EMPRESA SEVERIANO SERVICIO MÓVIL. Con eles puidemos coñecer de primeira man  e con gran entusiasmo as orixes  desta empresa familiar pontesa referente no fomento da actividade empresarial. Naceu hai 45 anos e deu lugar a un conglomerado de 19 empresas que alberga a 2000 traballadores repartidos por por todas as comunidades autónomas. 

                                                         

30/01/2021 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Ao longo desta semana o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, propuxo unha serie de actividades para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Coa colaboración e aportacións de membros de varios departamentos, o alumnado de ESO, FP Básica y Dual elaborou orixinais grúas da Paz realizadas mediante papiroflexia.

                                            

Con elas e co muro da Paz onde o alumnado puido deixar o seu manifesto, decoramos o noso vestíbulo.

                  

     

O venres día 30 de xaneiro, as actividades semanais programadas para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ,  remataron cunhas fotos grupais con luvas brancas mostrando o noso rexeitamento a toda forma de Violencia.

                                 

                                         

12/01/2021 CHARLA USC:" A PANDEMIA DA COVID -19". QUE APRENDEMOS? QUE NOS AGARDA?

O virólogo Juan Jesús Gestal Otero, fixo un repaso dos principais aspectos epidemiolóxicos e preventivos da pandemia de covid-19 destacando as principais ensinanzas que nos deixou e cal pode ser a evolución futura.

 

 

11/01/2021 ENCONTRO LITERARIO CON XESÚS FRAGA

Neste día tivemos o pracer de ter con nos ao prezado escritor XESÚS FRAGA, nun encontro literario organizado pola Biblioteca e o Club de Lectura dos argalleir@s das letras.

Xesús, que naceu en Londres onde pasou a súa primeira infancia, é licenciado en Xornalismo e actualmente traballa como redactor na sección de Cultura do periódico “La Voz De Galicia”.

Como escritor cultivou tanto a narrativa infantil e xuvenil coma a narrativa para adultos. Entre as súas obras destaca especialmente  Reo, libro do que puidemos descubrir os seus segredos grazas á entrañable conversa que mantivo co noso alumnado.

Reo, actualmente vai pola 4ª edición, foi distinguida co Premio Raíña Lupa e o Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil. Esta obra conta a historia dun rapaz calquera nun barrio calquera, que é o rei dos grafitis na súa cidade: todas as paredes están marcadas coa súa sinatura. É a válvula de escape para todas as preocupacións que sobrevoan a súa cabeza e non hai ninguén que lle discuta ese dereito.

Tamén puidemos coñecer de primeira man algunhas pinceladas da súa novela Virtudes (e Misterios) galardoada co Premio Blanco Amor de Novela 2019. Nela conta a emigración desde a parte dos retornados e fai o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo na procura dun futuro mellor.

Grazas Xesús por compartir con nós, e con tanta amabilidade, as túas experiencias dende o corazón.

                  

                                        



page | by Dr. Radut