Publicouse no DOGA a nova orde que regula as validacións entre as materias da ESO e o Bacharelato con materias das Ensinanzas Profesionais de Musica e Danza. Podedes acceder a información e os formularios no Menu de Alumnado, validacións.
Xa está aberto o prazo para facer a prematrícula ás probas de acceso da ABAU da convocatoria extraordinaria do mes de Xullo.
O prazo comeza hoxe, 27 de xuño e remata mañá, 28 de xuño.
Tedes máis información do calendario premendo neste link
A entrega dos boletíns de notas será para todos os cursos da ESO e para a avaliación extraordinaria de 1º e 2 de Bacharelato, o luns 26, ás 12:00 h. Os titores e titoras esperarán ao alumnado na súa aula de referencia.
Hoxe publicase no BOP a apertura de prazo para as solicitudes de AMES 2023-2023 ( Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, segunda etapa, e educación primaria e secundaria).