Este módulo terá como finalidade o desenvolvemento do coñecemento e competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e impacto ambiental da actividade sanitaria, así como as condicións na que as esixencias da transición ecolóxica modifican os procesos produtivos do sector sanitario.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prestación do servizo. Esta función abrangue aspectos como a identificación dos trastornos patolóxicos do/da usuario/a.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en laboratorios de análises clínicas, laboratorios de anatomía patolóxica, citodiagnóstico e necropsias clínicas e medicolegais.

Este módulo fundamenta a formación doutros módulos profesionais nos aspectos relacionados con materiais de laboratorio, técnicas básicas, control de resultados, aseguramento da calidade, e prevención e seguridade laboral e ambiental.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en laboratorios clínicos, de anatomía patolóxica, de investigación biosanitaria, de bioloxía molecular, de toxicoloxía, de clínicas veterinarias e farmacéuticos.

Benvidos ó curso de bioloxía  molecular e citoxenética, onde se estudaran diferentes contidos como:

- Os procesos que cumpra realizar nos laboratorios de citoxenética e bioloxía molecular, en relación con materiais e os equipamentos.

- Realizar cultivos celulares e describir os pasos do procedmento.

- Aplicar técnicas de análise cromosómica en sangue periférico, líquidos e tecidos, e interpretar os protocolos establecios. 

-Aplicar as técnicas de extracción de ácidos nucleicos a mostras biolóxicas, e seleccionar o tipo de técnica en función da mostra que cumpra analizar. 

- Aplicar técnicas de PCR e electroforese ó estudo dos ácidos nucleicos.

- Aplicar técnicas de hibridación con sonda ás mostras de ácidos nucleicos, cromosomas e cortes de tecidos e interpretar os protocolos establecidos. 

A Xestión de Mostras Biolóxicas é un módulo da familia de Sanidde que se cursa no Ciclo Formativo de Laboratorio Clínico y Biomédico, Curso 1º.