YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

ELECCIÓNS 2022 CONSELLO ESCOLAR. CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS 2022 CONSELLO ESCOLAR. Constitución da Xunta Electoral mércores 2 de novembro ás 11:30 na Sala de Conferencias.

PROCESO DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL 2023-2024

O 23 de xuño ás 9:00 inícianse os prazos do proceso de admisión para a Formación Profesional. +info 

Se queres ver aos documentos que tes que presentar accede aquí.

Oferta FP IES As Fontiñas

Instrucións xerais proceso de admisión

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE: O alumnado de admisión a ciclos de F.P. que realice a ADMISIÓN POLA CUOTA DE DISCAPACIDADE está obrigado a pasar unha entrevista realizada polo Dpto. de ORIENTACIÓN, axuntando
a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • Certificado de discapacidade.
  • Ditame facultativo.

CONMEMORACIÓN 30 ANIVERSARIO

O venres 17 de xuño celebramos o 30º Aniversario do noso centro. Foi un momento moi especial para toda a comunidade educativa xa que tivemos a ocasión de reencontrarnos con profesorado do centro, antigas alumnas e alumnos e mais o persoal de administración e servizos. Fixemos unha foto diante do mural do pavillón e plantamos unha oliveira como símbolo e desexo para un próspero futuro. #30anoscompartindoexperiencias

Discurso do director

VIAXE ÁS MEDULAS CO ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO

O 15 de xuño despedimos ao alumnado de 2º de Bacharelato con unha viaxe ás Médulas á que se sumaron o alumnado de 1º de Bacharato que  non quería deixar sós aos seus compañeiros que van a comezar unha nova etapa na súa vida.

Comezaron subindo ao mirador de Orellán, custoulles ( como lles custou chegar ao final do curso) pero ao final o esforzo valeu a pena, nos dous casos. Puideron cotemplar dende alí unha marabillosa vista panorámica da antiga mina de ouro. Despois deixaron o seu traxe de alumnos para poñerse o casco de mineiro e visitar a galería para disfrutar doutra perspectiva da mina.

Pola tarde, unha vez que recobraron as forzas cunha lixeira comida, adentráronse no entorno das Médulas para finalizar admirando a grandiosa pegada que deixaron os romanos e a súa asombrosa inxeñería.

 

ACTO GRADUCACIÓN 2º BACHARELATO - CURSO 21/22

O venres celebramos a graduación do alumnado de 2º Bacharelato. Felicidades a todas e todos!

O futuro é voso!

 

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

Publicados os criterios de promoción e titulación do alumnado de bacharelato para o curso 21/22.

En cumprimento do establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia

ACTIVIDADE DE APOIO AO POBO UCRAÍNO

 -Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado. Nunca cheirou o recendo
dunha flor, nunca mirou a unha estrela e xamais quixo a ninguén. 
Na súa vida fixo outra cousa que non fosen sumas. E pasa o día repetindo coma
ti: «¡Eu son un home serio, eu son un home serio...!» Parece que isto infla o seu
orgullo. Pero iso non é un home, iso é un cogordo.

-¿Un que?
-¡Un cogordo!
O principiño estaba pálido de cólera.
-Hai millóns de anos que as flores fabrican espiñas. Hai tamén millóns de anos
que os años, a pesar disto, comen as flores. ¿E paréceche pouco serio
tratar de comprender por que as flores levan o traballo de fabricar unhas espiñas
que non lles serven para nada? ¿É que non che parece importante entón a guerra
dos años e das flores? ¿Non é isto moito máis serio e

importante que as sumas dun señor groso e vermello? E se eu che digo que
coñezo unha flor única no mundo, que non a hai en ningún outro sitio máis
que no meu planeta e que calquera mañá pode ser aniquilada para sempre por
un año que nin sabería sequera o que facía, ¿tampouco che parece importante?
O principiño púxose vermello e seguiu dicindo:
-Se alguén ama a unha flor da que soamente existe un único exemplar en
millóns de estrelas, abonda con isto para se sentir ditoso ó contemplalas. Pode
decir: «A miña flor está alá, nalgunha parte...» Pero se o año come a flor, para el
é como se de repente se apagasen tódalas estrelas. ¿É que isto non é
importante?
Non puido falar máis e estralou en saloucos. A noite caera xa. Eu deixara as
ferramentas e importábanme pouco o meu martelo, o perno, a sede e a morte.
Sobre unha estrela, sobre un planeta, o meu, a Terra, había un principiño a
quen consolar. Collino nos meus brazos e arroleino dicíndolle: «A flor que ti
amas non corre perigo... Heiche debuxar un bozo para o teu año e unha
armadura para a túa flor e...» Non sabía que outra cousa lle podía dicir,
sentíame desmañado e tampouco sabía como consolalo ou como atopar algo
que lle devolvese a confianza en min. ¡É tan misterioso o país das bágoas!

Fragmento de "O Principiño" Antoine de Saint-Exupery.

Coñecendo a Universidade

O pasado venres 4 de marzo, o alumnado de 2º de Bacharelato achegouse a Universidade a coñecer as distintintas Facultades nas que o vindeiro curso poderá estudar. Nestas imaxes podemos ver o alumnado que foi ao Campus Norte, onde visitaron: Filoloxía, Ciencias da Comunicación e Periodismo, Maxisterio, Económicas, Mediciña, Enfermería e Historia. 

No Campus Sur, se achegaron a Matemáticas, Bioloxía, Dereito, Física e Psicoloxía.

Esperemos que lles fora útil para eliminar as posibles dúbidas que tiveran de cara ao vindeiro ano.

ASISTENCIA A UNHA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

O pasado venres 4 de marzo de 2023 un grupo formado por dous alumnos de 2º de Bacharelato e o seu profe de Física tivo a oportunidade de asistir a unha masterclass sobre física de partículas que está organizada e coordinada polo IGFAE (instituto galego de física de altas enerxías). A xornada desenvolveuse na Facultade de matemáticas e nela participaron diversos institutos de Galiza, e ao mesmo tempo, noutros puntos do mundo outros alumnos de outros países, realizaron actividades semellantes. Na última parte da xornada houbo unha videoconferencia na que participaron  persoal científico do CERN e o alumnado antes mencionado. Mediante esta vídeoconferencia puxéronse en común as experiencias e coñecementos adquiridos durante a xornada.

Charlas sobre alcoholismo e emocións.

O I.E.S. As Fontiñas, velando pola saúde física, mental e emocional do seu alumnado está organizando unha serie de actividades. Así no primeiro trimestre contamos coa psiquiatra Iría Veiga que nos axudou a saber como afrontar a ansiedade. Neste segundo trimestre, o luns 17 de xaneiro, contamos con Alcohólicos Anónimos que compartiron co alumnado de FP Básica e de 1° de Bacharelato a súa vida atrapados por o alcoholismo e como están loitando para sair del. Tamén coñoceron a Al-Anon que é unha entidade para axudar a familiares de alcohólicos que sinten que a súa vida foi afectada por a convivencia cunha persoa alcohólica. O venres 21 de xaneiro, escoitaron a Emotivos Anónimos explicar como a enfermidade emocional modificou a sua existencia e como están aprendendo a vivir, a aceptar e a xestionar os seus cambios emocionais. Esta charla foi dirixida ao alumnado de 2° de Bacharelato. No terceiro trimestre trataremos os problemas que ocasiona a adicción ás pantallas e tamén aos desordes alimenticios.

 

Charla temática: A situación enerxética galega.

O pasado xoves 20 de xaneiro, dentro das charlas temáticas que oferta a universidade, o profesor da USC Adrián Dios explicoulles ao alumnado de 1º de bacharelato algunhas cuestións sobre a situación enerxética galega.

Como a nosa dependencia do petróleo e gas natural, e tamén a capacidade de Galiza para xerar enerxía eléctrica de fontes renovables ( auga e vento) que logo exporta en ao redor do 40% .

Damos as grazas ao profesor Adrián e tamén os parabéns ao alumnado pola súa implicación e interese que fixo que a charla fora amena e moi didáctica

Visita didáctica alumnado PRE1 e PRE2.

O venres 17 de decembro do 2021 o alumnado de proxectos de edificación do IES  As  Fontiñas, realizou unha visita guiada á planta de biomasa urbana de Silleda e ao poboado mineiro de Fontao situado no concello de Vila de Cruces.

 

VISITA DO PROFESORADO DO INSTITUTO DE SECUNDARIA NICOLÁS COPERNICO DE BYALISTOK (POLONIA)

No día de hoxe tivemos a visita do profesorado do Instituto de Secundaria Nicolás Copérnico de Bialystok (POLONIA) dentro do programa ERASMUS +.
Un agradable encontro que serviu para compartir experiencias e coñecer o funcionamento da educación secundaria e FP en Polonia.

Witamy w IES As Fontiñas!

 

VALIDACIÓNS

As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación previa do alumnado para continuar estudos nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas.

Prazo de presentación: 6 de outubro.

+INFO

Solicitude de validación de módulos profesionais

Solicitude de validación de módulos profesionais dende estudos universitarios

FARAÓN, REI DE EXIPTO

Exposición: Farón, rei de Exipto.

Lugar: A cidade da cultura

Alumnado: 1º Bach de francés e de Técnicas de Biblioteca.

Organiza: Marisa Díaz Castro (Profesora de Francés e Coordinadora da Biblioteca)

Álbum: Curso 20/21 -> Faraón, rei de Exipto

A VIOLENCIA DE XÉNERO NA PRENSA GALEGA

Exposición: A violencia de xénero na prensa galega.

Lugar: A cidade da cultura

Alumnado: 1º Bach de francés e de Técnicas de Biblioteca.

Organiza: Marisa Díaz Castro (Profesora de Francés e Coordinadora da Biblioteca)

Álbum: Curso 20/21 -> A violencia de xénero na prensa galega

OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á CALIGRAFÍA

 No IES As Fontiñas, tivo lugar este martes o primeiro encontro do Obradoiro de Introdución à Caligrafía coa profesora María Sancho, especialista en caligrafía artística e cofundadora de Asturias Caligrafía

 O alumnado da materia Técnicas de Biblioteca proseguirán coa aprendizaxe os próximos martes do mes de abril.

 Se estades interesados nesta destreza podedes contactar coa biblioteca ou seguirnos en instagram

@bibliofontinhas.

 

Álbum: Curso 20/21 -> Obradoiro Introdución á Caligrafía

Charla Iniciativa 11F: E AGORA, QUE FACEMOS COS BOSQUES?


O 11 de marzo estivo no noso centro a conferenciante: Nieves del Pilar Vidal González é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC dende o ano 2009, onde desenvolve a súa labor INVESTIGADORA no Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia dende 1991.

Liñas de investigación: Experta en propagación de especies vexetais leñosas (castiñeiros, carballos, sobreiras….). mediante xemas axilares e embrións somáticos. Cuantificación de hormonas vexetais e biotecnoloxía de estas especies arbóreas, no ámbito de investigación das PLANTAS TRANSXÉNICAS: Transformación xenética de carballo e sobreira. Recuperación de frutais autóctonos por cultivo in vitro. Cultivo de castaño, carballo, sobreira e vimbio en biorreactores. Cultivo en condiciones fotoautotróficas. Aclimatación.

Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver MULTITUDE DE ACTIVIDADES e ELABORA materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas. Conmemórase este ano a quinta edición da Iniciativa.

Tamén nos falará sobre a súa experiencia e traxectoria como MULLER INVESTIGADORA e das razóns polas que resulta imprescindible conmemorar este día internacional e DIVULGAR entre a sociedade o papel e situación actual das NENAS E MULLERES nos distintos ámbitos da Ciencia e a Investigación.

Álbum: Curso 20/21 -> E agora que facemos cos bosques

CLUB DE LECTURA BABEL: CHALA COLÓQUIO CON BERTA DÁVILA (ILLA DECEPCION)

 

O pasado 5 de febreiro acompañounos Berta Dávila, autora do libro “Illa Decepción”, primeira lectura proposta polo Club de Lectura Babel do noso centro.

“Repartimos algunhas cousas da casa. Eu escollo as sabas da cama grande de miña tía Dora, que son floreadas, xeométricas, brancas ou lisas. Recoñezo o perfume do xabón de escamas co que a tía as lavaba, antes de poñelas a clareo no xardín de atrás. É posible que ela fose a derradeira persoa en lavalas e, cando chego a miña casa, fago a cama con elas, déitome e imaxino que me arroupa, que me di boas noites como cando era unha cativa e que logo marcha e apaga a luz. E ese é un xeito de despedirse de min desde unha intimidade moi distinta á que hai nun carto de hospital.”

 

Álbum: Curso 20/21 -> Biblio: Club lectura. Berta Dávila

Charla: "A Pandemia de COVID19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?"

O 14 de xaneiro de 2021 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato puido desfrutar dunha charla  sobre a pandemia da COVID-19 impartida polo Dr. Juan Gestal, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, vinculado á docencia universitaria desde 1970.

Forma parte do Comité Educativo, máximo órgano asesor da Xunta no Ámbito Docente ante a COVID-19, que traballa de maneira coordinada co Comité Clinico.

 E tamén un gran divulgador dos seus coñecementos, e impartiú a conferencia:

"A pandemia de covid-19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?" (Programa A Ponte - USC),

Podes ver a conferencia gravada premendo aquí.

CLUB DE LECTURA BABEL: PRIMEIRA LECTURA DO CURSO 20/21

CLUB DE LECTURA BABEL PRIMEIRA LECTURA. Curso 20/21    BERTA DÁVILA

 Título: ILLA DECEPCIÓN

 

 Autora: Berta Dávila

 

 Editorial: Galaxía

 

 Dispoñible na Biblioteca

Autora compostelá que levou o

Premio de Narrativa Breve Repsol

por esta obra e ten publicadas

varias novelas premiadas como

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA

OLSEN ou CARRUSEL.

"Soñei que perdía a miña casa. E soñei que a miña casa non era o lugar onde agora vivo senón un territorio de meu ao que lle

chamaban así: a miña casa, é era de verdade miña. Soñei que a perdía non porque se esvarase no fume dun incendio nin

porque algo ou alguén me obligase a marchar senón porque cando ía buscala xa non estaba onde debería  estar, coma se as

casas tivesen a particularidade de extraviarse  igual que fai un libro detrás dos mobles ou un calcetín entre as sabas"

 

PLAN DE CONTINXENCIA COVID

No caso de que a Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado, por aplicación de medidas contra a COVID19, decidan facer un confinamento domiciliario xeralizado ou ben que a Consellería de Sanidade estableza o confinamento do centro ou dalgún dos seus grupos, a actividade lectiva continuará a distancia segundo se establece no Plan de Continxencia

Para o desenvolvemento de ensino a distancia durante o período de peche de aulas ou do centro como consecuencia da pandemia da COVID-19 elaboráronse uns horarios espello que, como mínimo, teñen unha carga horaria dun 60% con respecto ao horario presencial. Nestes horarios as celas marcadas en gris indican que o alumnado e mais profesorado estarán conectados as aulas virtuais e/ou grupos de TEAMS para a impartición das materias e módulos. 

O proceso de ensino aprendizaxe durante a formación a distancia deberá seguir as normas establecidas para o ensino presencial, coas adaptacións que procedan motivadas pola metodoloxía empregada. 

Diariamente o profesorado realizará un control de asistencia e participación a través dos medios telemáticos mediante as ferramentas habituais. 

Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2020 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Anexo 1

Biblioteca: Comunicación

O alumnado do ies as Fontiñas está rexistrado na base de datos da biblioteca de maneira que para préstamo de libros, basta co Dni. O equipo da biblioteca anima a todo o personal do ies as fontiñas a participar no club de lectura BABEL.
Podedes pasar a  apuntarvos pola biblioteca durante este mes. O club de lectura vai estar dirixido pola escritora e profesora Patricia Alonso Janeiro.
Tamén informamos da exposición sobre Ilustracións que está no pasillo central( primeiro andar) e da nova colección de bandas deseñadas na biblioteca.
Pasade a visitarnos...

 

 

ESPAZO COVID

Aquí encontrrás todas a información sobre o COVID no IES As Fontiñas.

NORMAS COVID

PLAN COVID

GUÍA RESUMO PROTOCOLO COVID

Que pasa se presentas síntomas COVID (Febre >37.5, Tose seca, Dificultade para respirar)?

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e comunicará a súa situación ao equipo COVID aquí

 

SUXESTIÓNS AO PLAN COVID. Se queres comunicar calquera suxestión ou incumprimento do Plan ao Equipo COVID faino aquí.

 

Presentación e Cartelería plan COVID

Informe COVID setembro

Informe COVID outubro

Informe COVID novembro

Informe COVID decembro

BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO - CURSO ACADÉMICO 2020-21

INSTRUCCIÓNS:

1) As solicitudes cubriránse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación.

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

2) En todas as solicitudes presentadas é obrigatorio o informe favorable ou desfavorable do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

O centro debe marcar en todas as solcitudes cun "X" a necesidade específica de apoio educativo que presenta o escolar e seguir as instruccións enviadas ao Departamento de Orientación.

3) En caso de ESCOLARIZACIÓN COMBINADA o centro tramitador debe ser O CENTRO DE ESTUDIOS ORDINARIO. (Non o centro de Educación Especial).

Nestes casos o ORIENTADOR/A deberá informar da idoneidade de complementar os apoios da escolarización combinada con esta convocatoria de axudas de necesidades específicas.

Non son incompatibles.

4) Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 09 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020

5) O centro comprobará que todos os apartados están ben cubertos e asinados.

 

Para máis información, poden consultar a sede electrónica do Ministerio de Educación:

 http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1

PROBAS LIBRES. NOTAS

 

NOTAS PROBAS LIBRES 11-09-2020
Código alumno Nº Exped. Curso Materia ou módulo Exa. Teório Exa. Práctico Final
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Inglés 1 0 1
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Protocolo empresarial 3 0 3
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Organización de eventos empresariais 5 5 5
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións administrativas da compravenda 7,5 6,77 7
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 4 1 3
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións administrativas de recursos humanos 4,45 0 1
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Inglés 2,25 0 2
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Tratamento da documentación contable 7,4 7,75 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Formación e orientación laboral 1,5 0 2
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Empresa na aula 9,5 7,5 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Tratamento informático da información 4,2 1 3
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Técnica contable 7,5 8 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Empresa e administración 9 5 7
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Comunicación empresarial e atención á clientela 5 5,88 5
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Xestión da documentación xurídica e empresarial Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Ofimática e proceso da información Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Xestión de recursos humanos Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Formación e orientación laboral Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Contabilidade e fiscalidade Non present. 0 1
70U1PZEZLE001G 16115 ADMFIN Proceso integral da actividade comercial 9,5 5 7

VISITA Á EXPO GALICIA

Descripción: Visita á expo "Galicia" na Cidade Cultura

Data: 05/03/2020   

Horario: 9:50 a 14:00

Cursos afectados: 1ºBAC A,B e Andrea, Leticia, Lara e Yang do grupo C

Nºalumnado: 26

Organización: Departamento de Xeografía e Historia

Lugar: Santiago de Compostela

Álbum: Curso 19/20 -> EXPO GALICIA

Powered by Drupal - Design by artinet