YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

presentacion ciclos

 

Economía

Charla programa A ponte

Charla sobre a situación enerxética de Galicia impartida polo profesor da USC Adrián Dios (para o alumnado de 1º de bach). Tan interesante como actual para coñecer canta enerxía producimos, consumimos e exportamos. O porqué da suba do  seu prezo. Cara onde se debe orientar a produción e o consumo... Moi entretida e participativa

Foto charla Enerxía_xaneiro 2023.jpg

Charla temática: A situación enerxética galega.

O pasado xoves 20 de xaneiro, dentro das charlas temáticas que oferta a universidade, o profesor da USC Adrián Dios explicoulles ao alumnado de 1º de bacharelato algunhas cuestións sobre a situación enerxética galega.

Como a nosa dependencia do petróleo e gas natural, e tamén a capacidade de Galiza para xerar enerxía eléctrica de fontes renovables ( auga e vento) que logo exporta en ao redor do 40% .

Damos as grazas ao profesor Adrián e tamén os parabéns ao alumnado pola súa implicación e interese que fixo que a charla fora amena e moi didáctica

Profesorado. Curso 2022-2023

O departamento de economía está composto por: Xoán Antón Louzao Rodríguez (xefe de departamento)

Powered by Drupal - Design by artinet