O 11 de marzo estivo no noso centro a conferenciante: Nieves del Pilar Vidal González é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC dende o ano 2009, onde desenvolve a súa labor INVESTIGADORA no Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia dende 1991. |
Liñas de investigación: Experta en propagación de especies vexetais leñosas (castiñeiros, carballos, sobreiras….). mediante xemas axilares e embrións somáticos. Cuantificación de hormonas vexetais e biotecnoloxía de estas especies arbóreas, no ámbito de investigación das PLANTAS TRANSXÉNICAS: Transformación xenética de carballo e sobreira. Recuperación de frutais autóctonos por cultivo in vitro. Cultivo de castaño, carballo, sobreira e vimbio en biorreactores. Cultivo en condiciones fotoautotróficas. Aclimatación. |
Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver MULTITUDE DE ACTIVIDADES e ELABORA materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas. Conmemórase este ano a quinta edición da Iniciativa. |
Tamén nos falará sobre a súa experiencia e traxectoria como MULLER INVESTIGADORA e das razóns polas que resulta imprescindible conmemorar este día internacional e DIVULGAR entre a sociedade o papel e situación actual das NENAS E MULLERES nos distintos ámbitos da Ciencia e a Investigación. |