You Tube  Resultado de imagen de twitter  Resultado de imagen de facebook                           COMUNICACIÓN CASO COVIDSelo europeo das linguasUnion Europe

 

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES (ACTUALIZADO)

CALENDARIO PROBAS LIBRES (ACTUALIZADO): AFI, XEA, AD, PRE, PRO

 ACCESO ÁS NOTAS

  • Xornada de acollemento
  • Calendario probas teóricas
  • Calendario probas prácticas
  • Data da sesión de avaliación e publicación de notas definitivas
  • Datas de reclamacións contra as cualificacións finais.
A xornada de acollemento de probas libres será o día 31 de maio ás 16.30 na sala pórtico (primeiro andar).

A non asistencia inxustificada ao acto producirá a baixa de oficio da matrícula , segundo o establecido na disposición adicional segunda. Baixas de oficio no punto 1 da “orde do 5 de abril de 2013” pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

FARAÓN, REI DE EXIPTO

Exposición: Farón, rei de Exipto.

Lugar: A cidade da cultura

Alumnado: 1º Bach de francés e de Técnicas de Biblioteca.

Organiza: Marisa Díaz Castro (Profesora de Francés e Coordinadora da Biblioteca)

Álbum: Sen categoría -> Faraón, rei de Exipto

A VIOLENCIA DE XÉNERO NA PRENSA GALEGA

Exposición: A violencia de xénero na prensa galega.

Lugar: A cidade da cultura

Alumnado: 1º Bach de francés e de Técnicas de Biblioteca.

Organiza: Marisa Díaz Castro (Profesora de Francés e Coordinadora da Biblioteca)

Álbum: Curso 20/21 -> A violencia de xénero na prensa galega

OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á CALIGRAFÍA

 No IES As Fontiñas, tivo lugar este martes o primeiro encontro do Obradoiro de Introdución à Caligrafía coa profesora María Sancho, especialista en caligrafía artística e cofundadora de Asturias Caligrafía

 O alumnado da materia Técnicas de Biblioteca proseguirán coa aprendizaxe os próximos martes do mes de abril.

 Se estades interesados nesta destreza podedes contactar coa biblioteca ou seguirnos en instagram

@bibliofontinhas.

 

Álbum: Curso 20/21 -> Obradoiro Introdución á Caligrafía

Premios Extraordinarios FP. Curso 19-20

O pasado 12 de abril, publicouse no DOG a Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2019-2020.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311B.

Constitúen novidades salientables desta convocatoria, a respecto das anteriores, as seguintes:

1ª. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (art. 4 da orde de convocatoria) posto que, de acordo co establecido no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2) e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG do 26), as persoas aspirantes posúen a capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
2ª. Os méritos relacionados co título profesional, obxecto de valoración polo xurado de selección, relaciónanse no anexo V da orde de convocatoria.

Lembrámoslle, así mesmo que para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

E AGORA, QUE FACEMOS COS BOSQUES?


A conferenciante: DRA. Nieves del Pilar Vidal González é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC dende o ano 2009, onde desenvolve a súa labor INVESTIGADORA no Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia dende 1991.

Liñas de investigación: Experta en propagación de especies vexetais leñosas (castiñeiros, carballos, sobreiras….). mediante xemas axilares e embrións somáticos. Cuantificación de hormonas vexetais e biotecnoloxía de estas especies arbóreas, no ámbito de investigación das PLANTAS TRANSXÉNICAS: Transformación xenética de carballo e sobreira. Recuperación de frutais autóctonos por cultivo in vitro. Cultivo de castaño, carballo, sobreira e vimbio en biorreactores. Cultivo en condiciones fotoautotróficas. Aclimatación.

Está hoxe con nos por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolve MULTITUDE DE ACTIVIDADES e ELABORA materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas. Conmemórase este ano a quinta edición da Iniciativa.

Tamén nos falará sobre: A súa experiencia e traxectoria como MULLER INVESTIGADORA e; As razóns polas que resulta imprescindible conmemorar este día internacional e DIVULGAR entre a sociedade o papel e situación actual das NENAS E MULLERES nos distintos ámbitos da Ciencia e a Investigación.

Álbum: Curso 20/21 -> E agora que facemos cos bosques

CLUB DE LECTURA BABEL: CHALA COLÓQUIO CON BERTA DÁVILA (ILLA DECEPCION)

 

O pasado 5 de febreiro acompañounos Berta Dávila, autora do libro “Illa Decepción”, primeira lectura proposta polo Club de Lectura Babel do noso centro.

“Repartimos algunhas cousas da casa. Eu escollo as sabas da cama grande de miña tía Dora, que son floreadas, xeométricas, brancas ou lisas. Recoñezo o perfume do xabón de escamas co que a tía as lavaba, antes de poñelas a clareo no xardín de atrás. É posible que ela fose a derradeira persoa en lavalas e, cando chego a miña casa, fago a cama con elas, déitome e imaxino que me arroupa, que me di boas noites como cando era unha cativa e que logo marcha e apaga a luz. E ese é un xeito de despedirse de min desde unha intimidade moi distinta á que hai nun carto de hospital.”

 

Álbum: Curso 20/21 -> Biblio: Club lectura. Berta Dávila

Charla: " A Pandemia de COVID19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?

No día de hoxe o alumnado de bacharelato puido desfrutar da charla "A Pandemia de COVID19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?”  impartida polo Dr. Juan Gestal Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.

Para ver a conferencia preme aquí.

CLUB DE LECTURA BABEL: PRIMEIRA LECTURA DO CURSO 20/21

CLUB DE LECTURA BABEL PRIMEIRA LECTURA. Curso 20/21    BERTA DÁVILA

 Título: ILLA DECEPCIÓN

 

 Autora: Berta Dávila

 

 Editorial: Galaxía

 

 Dispoñible na Biblioteca

Autora compostelá que levou o

Premio de Narrativa Breve Repsol

por esta obra e ten publicadas

varias novelas premiadas como

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA

OLSEN ou CARRUSEL.

"Soñei que perdía a miña casa. E soñei que a miña casa non era o lugar onde agora vivo senón un territorio de meu ao que lle

chamaban así: a miña casa, é era de verdade miña. Soñei que a perdía non porque se esvarase no fume dun incendio nin

porque algo ou alguén me obligase a marchar senón porque cando ía buscala xa non estaba onde debería  estar, coma se as

casas tivesen a particularidade de extraviarse  igual que fai un libro detrás dos mobles ou un calcetín entre as sabas"

 

PLAN DE CONTINXENCIA COVID

No caso de que a Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado, por aplicación de medidas contra a COVID19, decidan facer un confinamento domiciliario xeralizado ou ben que a Consellería de Sanidade estableza o confinamento do centro ou dalgún dos seus grupos, a actividade lectiva continuará a distancia segundo se establece no Plan de Continxencia

Para o desenvolvemento de ensino a distancia durante o período de peche de aulas ou do centro como consecuencia da pandemia da COVID-19 elaboráronse uns horarios espello que, como mínimo, teñen unha carga horaria dun 60% con respecto ao horario presencial. Nestes horarios as celas marcadas en gris indican que o alumnado e mais profesorado estarán conectados as aulas virtuais e/ou grupos de TEAMS para a impartición das materias e módulos. 

O proceso de ensino aprendizaxe durante a formación a distancia deberá seguir as normas establecidas para o ensino presencial, coas adaptacións que procedan motivadas pola metodoloxía empregada. 

Diariamente o profesorado realizará un control de asistencia e participación a través dos medios telemáticos mediante as ferramentas habituais. 

Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2020 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Anexo 1

Biblioteca: Comunicación

O alumnado do ies as Fontiñas está rexistrado na base de datos da biblioteca de maneira que para préstamo de libros, basta co Dni. O equipo da biblioteca anima a todo o personal do ies as fontiñas a participar no club de lectura BABEL.
Podedes pasar a  apuntarvos pola biblioteca durante este mes. O club de lectura vai estar dirixido pola escritora e profesora Patricia Alonso Janeiro.
Tamén informamos da exposición sobre Ilustracións que está no pasillo central( primeiro andar) e da nova colección de bandas deseñadas na biblioteca.
Pasade a visitarnos...

 

 

ESPAZO COVID

Aquí encontrrás todas a información sobre o COVID no IES As Fontiñas.

NORMAS COVID

PLAN COVID

GUÍA RESUMO PROTOCOLO COVID

Que pasa se presentas síntomas COVID (Febre >37.5, Tose seca, Dificultade para respirar)?

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e comunicará a súa situación ao equipo COVID aquí

 

SUXESTIÓNS AO PLAN COVID. Se queres comunicar calquera suxestión ou incumprimento do Plan ao Equipo COVID faino aquí.

 

Presentación e Cartelería plan COVID

Informe COVID setembro

Informe COVID outubro

Informe COVID novembro

Informe COVID decembro

BOLSAS E AXUDAS ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBLIGATORIOS - CONVOCATORIA 2020-2021

O Real Decreto 1721/2007, do 21 de decembro, estableceu un novo réxime das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2020-2021, cursen ensinos postobligatorias con validez en todo o territorio nacional.

Beneficiarios:

Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e atópense cursando algunhas dos seguintes ensinos:

1. Ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.

c) Ensinos artísticos profesionais.

d) Ensinos deportivos.

e) Ensinos artísticos superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.

i) Formación Profesional básica.

Solicitude

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede. educacion. gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

Os prazos para presentar a solicitude estenderanse ata: 

O 1 de outubro de 2020, inclusive, para os estudantes non universitarios.

Tipos de bolsas e contía

1. Contías fixas. Serán as seguintes:

a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2020-2021.

b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

d) Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

e) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300,00 euros.

2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros. 

TRAMITACION: Acceso al servicio On Line 

Más información

O estado de tramitación do procedemento poderá consultarse na dirección electrónica https://sede. educacion. gob.es, no apartado "Os meus expedientes". Así mesmo, os interesados poderán dirixirse á unidade de bolsas da administración educativa ou universidade correspondente identificándose como interesados no expediente co NIF/ NIE correspondente. Ademais na páxina web deste Ministerio www.educaciónyfp.gob.es poderá consultarse a situación de tramitación das solicitudes en cada unha das universidades e administracións educativas.

INFORMACIÓN TELEFÓNICA: 910 837 937

Horario: de luns a venres, de 9:00 a 17:30 horas.

BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO - CURSO ACADÉMICO 2020-21

INSTRUCCIÓNS:

1) As solicitudes cubriránse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación.

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

2) En todas as solicitudes presentadas é obrigatorio o informe favorable ou desfavorable do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

O centro debe marcar en todas as solcitudes cun "X" a necesidade específica de apoio educativo que presenta o escolar e seguir as instruccións enviadas ao Departamento de Orientación.

3) En caso de ESCOLARIZACIÓN COMBINADA o centro tramitador debe ser O CENTRO DE ESTUDIOS ORDINARIO. (Non o centro de Educación Especial).

Nestes casos o ORIENTADOR/A deberá informar da idoneidade de complementar os apoios da escolarización combinada con esta convocatoria de axudas de necesidades específicas.

Non son incompatibles.

4) Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 09 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020

5) O centro comprobará que todos os apartados están ben cubertos e asinados.

 

Para máis información, poden consultar a sede electrónica do Ministerio de Educación:

 http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1

PROBAS LIBRES. NOTAS

 

NOTAS PROBAS LIBRES 11-09-2020
Código alumno Nº Exped. Curso Materia ou módulo Exa. Teório Exa. Práctico Final
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Inglés 1 0 1
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Protocolo empresarial 3 0 3
407KDG00MA001U 19261 ASIADIR Organización de eventos empresariais 5 5 5
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións administrativas da compravenda 7,5 6,77 7
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 4 1 3
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Operacións administrativas de recursos humanos 4,45 0 1
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Inglés 2,25 0 2
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Tratamento da documentación contable 7,4 7,75 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Formación e orientación laboral 1,5 0 2
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Empresa na aula 9,5 7,5 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Tratamento informático da información 4,2 1 3
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Técnica contable 7,5 8 8
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Empresa e administración 9 5 7
7OIQFCEUMA001K 19260 XEAD Comunicación empresarial e atención á clientela 5 5,88 5
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Xestión da documentación xurídica e empresarial Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Ofimática e proceso da información Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Xestión de recursos humanos Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Formación e orientación laboral Non present. 0 1
841127MMAAI4176 19259 ADMFIN Contabilidade e fiscalidade Non present. 0 1
70U1PZEZLE001G 16115 ADMFIN Proceso integral da actividade comercial 9,5 5 7

PROCESO DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL 2020-2021

O 25 de xuño ás 9:00 inícianse os prazos do proceso de admisión para a Formación Profesional. +info 

Se queres ver aos documentos que tes que presentar accede aquí.

Horario no réxime de persoas adultas.

Calendario do proceso de admisión

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE: O alumnado de admisión a ciclos de F.P. que realice a ADMISIÓN POLA COTA DE DISCAPACIDADE

está obrigado a pasar unha entrevista realizada polo Dpto. de ORIENTACIÓN, axuntando a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • -        Certificado de discapacidade.
  • -        Ditame facultativo.

VISITA Á EXPO GALICIA

Descripción: Visita á expo "Galicia" na Cidade Cultura

Data: 05/03/2020   

Horario: 9:50 a 14:00

Cursos afectados: 1ºBAC A,B e Andrea, Leticia, Lara e Yang do grupo C

Nºalumnado: 26

Organización: Departamento de Xeografía e Historia

Lugar: Santiago de Compostela

Álbum: Curso 19/20 -> EXPO GALICIA

CLUB DE LECTURA: Libro RUEIRO DA CIDADE ESCURA. Autora: Patricia A. Janeiro

Segundo encontro do club  BABEL. Tivemos a sorte de contar coa nosa compañeira de inglés Patricia A. Janeiro, autora do libro RUEIRO DA CIDADE ESCURA, publicado no 2019 en Positivas.

Libro de tremenda actualidade: como sobrevivir a un apagón xeral sen a máis mínima información nun mundo tan conectado e globalizado?

A autora describe un escenario de posibilidades que nos conducen a reflexionar sobre a realidade na que vivimos. Non está exento de crítica social e tampouco de humor.

Imaxinación e realismo van da man.

Álbum: Curso 19/20 -> Club de lectura

VISITA Á VIVEIRO DE EMPRESA

DESCRIPCIÓN: VISITA Á VIVEIRO DE EMPRESA

DATA/HORAS: MARTES 11 DE FEBRERO DE 11:00 A 12:30. Saída do centro as 10:40. Autobús

CURSO AFECTADOS: 2º ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Nº ALUMNADO:28

ORGANIZACIÓN: DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN E ORIENTACIÓN

LUGAR: VIVERO DE EMPRESAS CÁMARA DE COMERCIO. POLÍGONO COSTA VELLA

VISUALIZACIÓN DO DOCUMENTAL "EL SILENCIO DE OTROS"

Nome da actividade: Visualización do documental "El silencio de otros".

Data/horas: Luns 3/02/2020 de 12:00 a 13:40.

Cursos afectados: 1º e 2º de servizos administrativos.

Nº alumnado: 45

Organización: Matemáticas e Biblioteca.

Lugar: Salón de actos do IES As Fontiñas.

Charla corredor de seguros

Descripción: Charla corredor de seguros, Don Manuel Fontela (Celtisegur)

Data/Horas: Martes:4 de febreiro de 2020. 15:30 á 18h

Cursos afectados: CS AF2 ORD

Nº alumnado: 30

Organización: Alejandro Rey

Lugar: Aula I212. Ies as Fontiñas

 

VISITA Á LÁCTEOS O FERRADO VERDE S.L. E VISITA Á SAT. "OS AGROS"

Actividade: VISITA Á LÁCTEOS O FERRADO VERDE S.L. E VISITA Á SAT. "OS AGROS"

Data/hora: Luns 9 de marzo de 2020 de 9:00 a 14:30

Cursos: 2º Formación Profesional Básica

Nº alumnos: 16

Organización: Departamento Administración

Lugar: Santa Comba

VISITA PALACIO DE CONGRESOS

Actividade: VISITA PALACIO DE CONGRESOS

Data/horas: Mércores 22 de xaneiro de 2020 de 12:00 a 14:30

Cursos: 2º ADI

Nº de alumnos: 28

Organización: Departamento de Administrativo

Lugar: Santiago de Compostela

 

VISITA Á EXPO "GALICIA ..." NA CIDADE DA CULTURA

Descripción: Visita á expo "Galicia..." Na Cidade da Cultura.

Data/Horas: Xoves 5 de marzo de 2020 de 09:50 a 14:00.

Cursos: 1º Bacharelato A,B e Andrea, Leticia, Lara e Yaug de grupo C.

Nº Alumnado: 26

Organización: Departamento de Xeografía e Historia.

Lugar: Santiago de Compostela

ASISTENCIA XORNADAS INFOCONSTRUCCIÓN CORUÑA

Descripción: Asistencia xornadas infoconstrucción Coruña

Data/Horas: Martes 11 de septiembre de 9H a 14H

Cursos: PRE1 e PRE2

Nº Alumnos: 25

Organización: Noemi Méndez-Benegassi Gamallo

Lugar:Hotel Attica 21 Coruña (C/Enrique Mariñas, 34)

 

CHARLA INICIATIVA11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". Ponente: Cristina Sánchez Barreiro

Descripción: CHARLA INICIATIVA11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". Ponente: Cristina Sánchez Barreiro.

Data/Horas: Mércores 19/02/2020  Horario de 12:00 a 12:50.

Cursos afectados: 1º Bacharelato.

Nº alumnado: Todos.

Organización: Departamento de Ciencias Naturais.

Lugar: Sala de conferencias.

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

Descripción: Taller de primeiros auxilios

Data/horas: Venres 07 de febreiro de 2020 de 12:30 a 14:30 horas.

Cursos: 1º Curso de Administración e Finanzas (réxime ordinario).

Nº Alumnado: Todo o grupo.

Organización: Mariña Quelle Cadrado.

Lugar: Sala de Conferencias do IES as Fontiñas.

VISITA Á VIVEIRO DE EMPRESA

DESCRIPCIÓN: Visita ao viveiro de empresa

DATA/HORA: Xoves 13 de febreiro as 10:40 horas

CURSOS AFECTADOS: 2º Edificación e Obra Civil. 2º BACH de economía

Nº ALUMNADO: 16

ORGANIZACIÓN: Departamento de Fol e Orientación

LUGAR: Viveiro de empresas. Cámara de comercio. Polígono da Costa Vella.

Powered by Drupal - Design by artinet