EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA CURSO 2023-2024

 

  MÉRCORES 19 XUÑO   XOVES 20 XUÑO VENRES 21 XUÑO
08:50 – 10:30

LCel I I- 101

EDMIN - 104

   HEs – 104   LGel II - 105
10:50 – 12:30

 MAT II – 101

 MATA I - 101

MACS II – 101     Inglés II - 101
12:50 – 14:30 Inglés I -105    FÍSICA - 104

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO 2023-2024

 

O pasado mércores 15 de maio celebrouse a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato 2023-2024. No mesmo interviñeron a Sra. Directora, Dona Mª Soledad Louro Lestón, representantes dos alumnos/as e as profesoras Dona Ana Mª Villar Villarino e Dona María Socorro Míguez Viqueira, do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, cun emotivo discurso que podedes ler no arquivo adxunto. Parabéns e moita sorte!

O IESP de Ames acadou o premio para ser Etwinning School para o periodo 2024-2025.

 

O IESP de Ames acadou  o premio para ser Etwinning School para o periodo 2024-2025.

O IESP de Ames acadou  o pasado 13 de maio o premio para ser Etwinning School durante o periodo 2024-2025, tras ser solicitado na convocatoria anual das Etwinning School. Nesta convocatoria, este premio foi acadado en Galicia por 3 centros ( o noso centro e duas escolas de primaria).

Este premio éconsecuencia do traballo levado a cabo nos últímos anos na liña de internacionalización establecida no Plan de Formación do Profesorado do centro.

Neste momento hai un grupo de profesores do centro que están traballando en proxectos etwinning e que o proxecto etwinning We love our environment no que IES de Ames participou a través do profesor Roberto Barral con alumnado de Proxecto Competencial de 3º de ESO e Valores Éticos de 4º de ESO no curso 2022-2023 obtivo Selo Europeo de Calidade conxuntamente con escolas de Cantabria, Túnez e Xordania, pemitindo cumprir os requisitos

Durante o periodo 2024-25 o IESP de Ames poderá participar como Etwinning School en grupos de escolas e actividades dirixidas que estén dirixidas a estas escolas

Parabéns para o noso centro e para todos os participantes nos proxectos!

 

 

Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2024/25

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Obtención da certificación ComDix nivel intermedio (2BAC)

Segundo se indica na Resolución do 28 de febreiro de 2024 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42513), no seu artigo 5, punto terceiro, o alumnado de bacharelato que obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. Dita certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

Así mesmo, no punto cuarto do artigo 5 da citada Resolución, sinálase que tanto o alumnado que titule sen superar a proba específica coma o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.

O certificado ComDix, unha vez obtido, estará accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na carpeta do cidadán, mediante o acceso con certificado electrónico, DNIe, Chave365 ou usuario e contrasinal.

Os menores de idade deberán optar polo acceso con Cl@ve, xa que os outro métodos de acceso só están dispoñibles para maiores de idade.

Rexistro en Cl@ve: https://clave.gob.es/clave_Home/registro/Como-puedo-registrarme.html

Feira das profesións 2024

Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024  o xoves 4 de Abril  no pavillón polideportivo de Brión

O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.

 
No horario de mañá asistirá o alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC acompañado por profesorado do centro.
 
No horario de tarde poderá acudir todo o alumnado e familias dos tres centros e contorna.
 
Podedes consultar todos os participantes e colaboradores da Feira no seguinte enlace:
 
 
 

Esperámosvos o xoves pola tarde.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Nesta resolución acredítanse os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

  1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
  4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
  5. A proba será en formato online e  constará de 60 preguntas (12 por área) que se terán que responder no prazo máximo de 90 minutos.
  6. Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
  7. Demo da proba de acreditación.

Acreditación do alumnado de bacharelato

  1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  2. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a  proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. Para isto empregará este modelo.
  3. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
  4. A proba será en formato online e constará de 12 preguntas que se terán que responder nun tempo máximo de 20 minutos.
  5. Para superar esta proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 60% do total de preguntas.
  6. Demo da proba de acreditación.

Os requisitos para presentarse á proba son:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse no instituto consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o 19 de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

 

Para solicitar a participación teredes que cubrir o formulario de inscrición e entregalo en Xefatura de Estudos (podedes recoller o formulario en Xefatura de Estudos). O prazo remata o día 15 de marzo ás 14:00.

 

O proxecto Etwinning "We love our environment" no que participa o IESP de Ames acada o Etwinning European Quality Label (Selo Europeo de Calidade)

Logo de acadar no mes de outubro Etwinning National Quality Label,  Proxecto Etwinning “We love our Environment” no que participou o IESP de Ames como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez  acadou o Etwinning European Quality (Selo Europeo de Calidade).  É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames do curso 2022-23

Neste proxecto Etwinning realizado no curso 2022-23 grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos de 4º de ESO dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.

Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxecto)
 

Programacións didácticas curso 2023-24

As programacións do curso 2023-24 pódense consultar despregando o menú Departamentos, da parte dereita da páxina, no submenú correspondente a cada Departamento didáctico.

Información E-DIXGAl para as familias

Prema na imaxe para acceder á información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal do Espazo Abalar.

 

Folleto informativo para as familias - Curso 2023-2024 (PDF)

Distribuir contido