Skip to Content

Actividades curso 2023-2024

Parlamento Xove 2024

Dous grupos de estudantes de 1º de bacharelato participan esta fin de semana na 15ª edición do Parlamento Xove. Levan varias semanas preparando xunto ás súas profesoras un interesante tema de debate:

Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Para seguir en directo a competición aquí tendes os enlaces para o streaming de YouTube:

Na seguinte ligazón tendes os horarios e as salas dos distintos debates nos que participan os equipos do centro.

 

Visita de Fillas de Cassandra 2024

O alumnado de música recibiu unha agradable sorpresa ao poder compartir unha aula coas artistas galegas máis recoñecidas do momento Fillas de Cassandra.

As dúas integrantes compartiron a mañá con eles e incluso houbo alumnas que se atreveron a cantar con elas.

Grazas, María e Sara por unha mañá que de seguro nunca esquecerán!

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Xuntanza do club de lectura 2024

O Club de Lectura Merlín reuniuse este trimestre en dúas ocasións para conversar arredor do libro de Diego Giráldez O noso sangue. Foi moi interesante ver as expectativas, como pensaban que ía rematar e o sorprendente xiro argumental que os sorprendeu.

Xa estamos desexando facer a seguinte lectura!

Excursión 3º ESO a Manzaneda 2024

O alumnado de 3º da ESO realizará unha excursión do 17 ao 19 de abril a Manzaneda (Ourense).

Ata o 8 de marzo poderá entregarse en secretaría a documentación asinada que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Ademais levarase a cabo unha venda de rifas a través da ANPA para axudar a sufragar a excursión

 

Visita á asociación Alento e ao Conservatorio Superior de Música 2024

Os pasados días 27 e 29 de marzo o Departamento de Música realizou dúas actividades extraescolares co alumnado do centro.

O martes 27 o coro formado por alumnas de 3ºESO visitaron as instalacións que a Asociación Alento ten no barrio de Navia e ofreceron un concerto aos residentes, os cales nos acolleron con moita ilusión e afecto.

Por outra banda, o xoves 29 foron alumnos e alumnas de 2ºESO A e B quenes disfrutaron dun magnífico concerto didáctico da orquestra de vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Agradecemos ao Concello de Vigo pola organización e agardamos que esta iniciativa se poda repetir no futuro para poder así disfrutar de música en directo e poñer en valor as agrupacións e institución musicais da cidade.

Obradoiro de Crêpes 2024

O pasado mes de xaneiro, os días 29 e 30, o alumnado de Francés participou nun taller de crêpes. Tiveron a oportunidade de coñecer a cultura bretona, de poñer en práctica a lingua francesa así como degustar e facer a súa propia crêpe.

A actividade foi un éxito grazas á implicación do alumnado e o seu bo comportamento.

  

Visita ao Parlamento de Galicia 2024

O pasado xoves o alumnado de Afondamento realizou unha visita guiada polo Parlamento de Galicia. Este curso participamos nos Contratos Programa da Conselleria de Educación.

En marzo asistiremos ao concurso de debate Parlamento Xove con dous equipazos de mozas/os. O Parlamento é, ademais, espazo de exposición de artistas galegos contemporáneos. Ficamos abraiados coa súa colección!

Para aproveitar ben a viaxe, fixemos unha visita ao Museo do Pobo Galego.

Unha visita a Compostela do máis aproveitada, non si?

Entroido 2024

Un ano máis o instituto encheuse de cor grazas ao alumnado e ao profesorado que se disfrazou no tradicional desfile de Entroido.

Como xa vén sendo tradicional aqueles disfraces máis orixinais viron recompensada a súa creación dunha bandexa de orellas, o postre tradicional destas datas.

E aínda que chova, viva o Entroido!

 

2024/01/25 - Calendario Club de Ciencias da 2ª Avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 2º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 15 de xaneiro 2024
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 22 de xaneiro 2024
    • Luns 5 de febreiro 2024
    • Luns 26 de febreiro 2024
    • Luns 11 de marzo 2024

  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut