Skip to Content

Actividades curso 2023-2024

A situación enerxética galega 2024

O alumnado de Economía e de Tecnoloxía Industrial asistiron á charla "A situación enerxética galega" impartida polo profesor da USC, Adrián Dios Vicente, especialista en Historia da Economía.

Amais de explicarlle sucintamente as posibilidades das carreiras de Económicas ou Administración e Dirección da Empresa, centrouse na problemática enerxética e no debate que está a haber en Galicia.

Agradecemos a súa presenza no noso centro porque foi unha charla interesantísima para o seu alumnado.

 

Feminino singular 2024

O alumnado do noso centro puido celebrar o 8M a través da música grazas ao profesor Xaime Estévez e á súa última publicación Feminino Singular, unha viaxe musical a través da música delas

Beizón!

 

Aquí tamén se fala 2024

O noso alumnado participa na campaña Aquí tamén se fala en colaboración co comercio da nosa zona. Moitos foron os locais que se adheriron a esta iniciativa grazas ao activismo da rapazada do centro que se implicou activamente.

En Coia fálase galego, como o demostran a multitude de comercios que puxeron nas súas portas o cartel. 

Graciñas! Aquí tamén se fala!

 

 

Concerto do alumnado do Alexandre Bóveda 2024

O pasado venres 22 de marzo despedimos o trimestre cun magnífico concerto ofrecido por 12 alumnos/as do IES Alexandre Bóveda.

Baixo a dirección da profesora Judith Alonso interpretaron cancións clásicas de rock como "Nothing else matters", "Rolling in the deep" ou "Bohemian rhapsody" entre outros temas. Como final de festa, o coro de 3ºESO do noso centro cantou con eles "Whatever" da banda británica Oasis. Agardamos que poidamos seguir colaborando no futuro con novo repertorio e actuacións conxuntas.

Parabéns a todos e todas!

Visita ao museo Liste 2024

O Departamento de Música organizou unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo para o alumnado de 2  ESO e D.

Tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polas distintas zonas dedicadas os tecidos, oficios, medicina popular ou ao mundo agrícola comprobando as súas propias raíces culturais e as relacións do exposto con materias como Galego,Historia,Tecnoloxía ou Música.

Parlamento xove 2024

Os días 15 e 16 de marzo alumnado de 1º de bacharelato participou no Parlamento Xove 2024.

Constituíron dous equipos, o primeiro composto por Inés Cordón, Alba García, Julia Vidal e Erick Villaverde e o segundo por Samuel Panadeiros, Claudia Álvarez, Thalía Carreira e Noa Costas.

O tema a debater este ano era se os estados deben limitar o desenvolvemento da Intelixencia Artificial e enfrontáronse a tres centros de toda Galicia. Acompañados das súas profesoras Susana González e Malores Villanueva, o noso alumnado demostrou solvencia e así se reflicte nos seus resultados.

Ligamats 2024

Dous grupos de alumnos/as de 3° da ESO formados por: Anxo Gómez, Ilduara Martínez, Xenxo González e Félix Laranxeira, o primeiro, e María Cea, Noa Abellán, Paula López e Alicia Presa, o segundo, participaron no concurso de matemáticas Ligamats, organizado pola Escola Rosalía de Castro.

Deron o mellor de si mesmos, tanto na proba coma na preparación previa no instituto, así que noraboa para todos/as eles/as!!!

 

Ademais, o equipo formado por María, Noa, Paula e Alicia acadou a terceira posición na  clasificación xeral. Unhas fenómenas!!

Concerto no Celso Emilio Ferreiro 2024

O pasado 21 de marzo, o coro, formado por alumnado de 3ºESO, ofreceu un concerto para os compañeiros/as do CEP Celso Emilio Ferreiro. Neste centro educativo estudaron varios membros do coro, que recordaron o seu paso polo colexio con agarimo, ainda que viviran os últimos cursos de primaria durante a pandemia pola COVID.

Tivemos a sorte de cantar "A Carolina" acompañados da gaita de Lois Comís.

Agardamos volver pronto para cantarlles aos nosos amigos/as do CEP Celso Emilio".

Parlamento Xove 2024

Dous grupos de estudantes de 1º de bacharelato participan esta fin de semana na 15ª edición do Parlamento Xove. Levan varias semanas preparando xunto ás súas profesoras un interesante tema de debate:

Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Para seguir en directo a competición aquí tendes os enlaces para o streaming de YouTube:

Na seguinte ligazón tendes os horarios e as salas dos distintos debates nos que participan os equipos do centro.

 

Visita de Fillas de Cassandra 2024

O alumnado de música recibiu unha agradable sorpresa ao poder compartir unha aula coas artistas galegas máis recoñecidas do momento Fillas de Cassandra.

As dúas integrantes compartiron a mañá con eles e incluso houbo alumnas que se atreveron a cantar con elas.

Grazas, María e Sara por unha mañá que de seguro nunca esquecerán!

Distribuir contido


by Dr. Radut