Skip to Content

Actividades no centro

Concurso Canguro Matemático 2023

O pasado Xoves 16 de marzo 40 alumnos e alumnas do IES ÁLVARO CUNQUEIRO, participaron no concurso Canguro matemático.

Este concurso pretende potenciar o gusto polas matemáticas, como paso previo para fomentar os estudos nestas asignaturas.

Exposición de arte na cafetería

O alumnado de 3º da ESO traballou na materia de Plástica diferentes obras de arte para as que buscaron unha reinterpretación.

Así de ben quedou o seu traballo e convertiron a cafetería do centro nun espazo cheo de arte.

Se queredes ver máis, aquí tendes o album!

Charla sobre os riscos en internet para 1º e 2º da ESO

O oficial da Policía Nacional, Pelayo Blanco, visitou o mércores o noso centro para dar dúas charlas ao alumnado de 1º e 2º da ESO sobre os riscos de internet.

Durante máis de unha hora, alertounos sobre adicións, delitos, seguridade ou incluso as penas ás que se enfronta un menor por compartir imaxes ou vídeos da intimidade doutra persoa. Ao mesmo tempo, reflexiounou coa rapazada sobre as falsas crenzas que hai detrás dos "influencers" e da inseguridade de moitas aplicacións.

O alumnado de 2º de bacharelato afonda no mundo da economía

Nestas últimas semanas o alumnado de Economía de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de coñecer de primeira man algunhas das posibilidades de continuación de estudos nese campo en Vigo.

Emilio García Roselló, profesor da Facultade de Comercio da UVigo, explicoulles as saídas profesionais e as posibilidades que ofertaba o seu grado. A semana seguinte, o profesor Benito Gil, da Universidade Intercontinental da Empresa, con sede en Vigo, tamén os informou sobre a oferta formativa que teñen e as bolsas dispoñibles para o alumnado.

Charlas culturais en Inglés

O pasado luns 28 de novembro, o alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de desfrutar dunhas charlas culturais en inglés ofrecidas pola editorial dos seus libros de texto, Burlington Books.

O ponente faloulles de cuestión culturais e lingüísticas de distintos países anglofalantes, profundizando nalgunhas das diferenzas entre as distintas variedades da lingua respecto da británica estándar, a través da música e de distintos xogos.

Esperamos repetir a experiencia o ano próximo!

AS PORTAS DO INFERNO

Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Galego organizaron o concurso do Samaín: As portas do Inferno. Cada clase decorou as portas das súas aulas con motivos propios das datas e un xurado composto por profesorado e alumnado do centro escolleu seis finalistas:

1º ESO B, 1º ESO C, 1º ESO D, 3º ESO C, 3º ESO diversificación, 4º ESO C.

Finalmente a premio para a porta máis divertida foi para 1º ESO C e o premio para a porta máis terrorífica para 4º ESO C.

Charla sobre violencia sexual do Concello de Vigo

O venres o alumnado de primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de asistir á charla sobre violencia sexual que impartiu unha traballadora do concello, da área de Igualdade. Falounos dos tipos de violencia sexual, fíxonos un repaso dos ámbitos onde as mulleres sofren máis agresións e abriunos os ollos sobre situacións normalizadas nas que se produce violencia machista (música, cine, anuncios...).

Visita do alumnado de Bialystok

Este outubro recibimos no centro a alumnado de Bialystok, Polonia dentro do programa Erasmus Plus. Durante unha semana compartimos experiencias e coñecementos, tamén aulas ao redor dun proxecto: o estudo dos parques naturais. No instituto asistiron a diferentes clases e tamén nos explicaron as características dos seus parques naturais. Unha experiencia marabillosa que enriqueceu enormemente a toda a comunidade educativa e ás familias acolledoras.

Letras Galegas 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Este ano, a homenaxe do centro á figura de Florencio Delgado Gurriarán encheu o IES de actividades durante a semana do 16 ao 20 de maio: poesía na rúa, mostra de instrumentos e baile tradicional, visitas aos centros adscritos e ata unhas lecturas dramatizadas por parte do alumnado! 

Letras Galegas 2016

 

           

     

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a MANUEL MARÍA. O acto de apertura da conmemoración estivo a cargo do escritor e xornalista Manuel Veiga.

 
     

O venres, 13 de maio, tivo lugar a un macrofestival protagonizado polo alumnado do centro, que contou coa participación de María Xosé López Villar e Xico de Carinho, que nos  deleitaron con actuacións musicais . . .

   

Reportaxe fotográfica   

     

Distribuir contido


by Dr. Radut