Skip to Content

Actividades curso 2012-2013

Campeonato do mundo de Show Dance 2012

                             show      dance

 

Esta é unha disciplina onde participan moitos bailaríns e onde se mesturan diferentes estilos de danza, acrobacia e ximnasia.

Os elementos máis importantes que se valoran son os cambios de formación e a coordinación do grupo.

Esta disciplina leva en España só 5 anos.

A academia de baile "Media Punta" competiu nesta especialidade no Campeonato de ESPAÑA en VALENCIA, os días 9 e 10 de xullo do 2012. Neste campionato todos os primeiros postos optaban a ir ao Campionato do mundo.

Os resultados foron os seguintes:

  • 1º premio con ARENAS DEL DESIERTO (CATEGORIA FORMACIONES)
  • 2º con BOHEMIAN RHAPSODY (CATEGORIA PRODUCCIONES)
  • 3º de Hip Hop con HEARTBEAT
  • 4º con  VALKIRIAS (CONTEMPORANEO) e
  • 4º con LOVE (HIP HOP PEQUES)

Así é que MEDIA PUNTA vai REPRESENTAR A ESPAÑA no CAMPIONATO do MUNDO en ALEMAÑA (RIESA), dende o 28 de novembro ao o 2 de decembro de 2012.

O mellor é que, ademais de competir con "arenas del desierto", a organización do Campionato de España decidiu que tamén participasen con "Bohemian". 

 parabens

E que ten isto que ver co noso centro?

A resposta é sinxela. Dúas das compoñentes deste grupo de baile, que van ir ao Campionato do mundo, estudan no noso centro.

E aquí volas presento:

- Noelia Andres de 4º ESO B

- Marta Basadre de 1º de BACHARELATO A

Parabéns tamén para vós!

Esta é a fotografía de todo o grupo

Agora chega o mellor. Aquí tedes as coreografías con que van competir no mundial. Disfrutádeas!

ARENAS DEL DESIERTO

BOHEMIAN RHAPSODY

Viaxe a LONDRES

In last September a group of 13 students about to start second bac and two teachers from the school - Mr. Peter Areal, teacher of History , and myself , Mrs. Nieves Monge - their teacher of English for the last two years -, set out to London to stay there for five days . It was planned as an award to their effort , devotion and harwork on all the subjects but particularly their fondness of the English subject itself .

It was an amazing experience to them , they wandered around London  as much as possible , they enjoyed to the full every single minute of  their stay  and promised to come back on their own some other time .

It´s very rewarding to carry out activities like this when you know that the students are going to appreciate it and feel grateful for it .


Saída IV Cross do Magosto do CEP Celso Emilio Ferreiro


                                                     vi

                                cross

                                                  do

 
             magosto

 

O pasado venres, 9 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato C desprazouse ao CEP Celso Emilio Ferreiro para colaborar na organización do VI Cross do Magosto 2012.

Aquí tedes aos protagonistas ........

traballando...........

e comendo castañas............

 

"O venres, 9 de novembro, os alumnos de 1º de bacharelato C fomos organizar o magosto dos pequenos do Celso Emilio. Foi unha experiencia inesquecible, chea de sorrisos inocentes dos nenos e de decepcións para os que non gañaron o cross. A saída axudounos moito como clase para coñecernos mellor aos que estabamos xuntos na actividade. Gústanme moito ese tipo de actividades xa que nos relacionamos con nenos máis pequenos e, dunha forma ou outra, contáxiannos esa ilusión pola vida que nós xa perdemos hai tempo."

Ana Calvar 1º de Bach C

"A saída do magosto foi unha desas saídas que se houbese que pagar por ir, pagaría unha e mil veces. É unha experiencia enriquecedora e daste conta de que fácilmente podes facer felices aos  nenos, e que pronto se abren e perden a vergoña se lles mostras confianza. A min gustaríame traballar niso, de profesor de infantil e tras a experiencia do venres, aínda teño máis ganas. Unha experiencia inolvidable!!

Samuel Milego 1º Bach C

"Esta saída foi moi boa, gústanme moitos os rapaces e alí estaba rodeada deles. Penso que esta excursión uniu máis á clase e isto é bo, e volvería a repetila sen pensalo."

Laura Fernández 1º Bach C

"Persoalmente, a saída ao cross do Celso Emilio Ferreiro foi unha experiencia única, xa que poder estar rodeado de nenos pequenos cheos de alegría, sorrindo e nerviosos pola carreira, é magnífico. Isto debería facerse todos os anos, xa que o ves desde o outro lado. E que todos os rapaces che choquen as mans é o mellor de todo. Foi un gran día, é para rematar un punto doce, unha castañada!"

Yago Grela Ojea 1º Bach C

"Esta saída gustoume moitísimo. Primeiro porque nunca fixera unha cousa así no me colexio e sorprendeume. Tamén me encantou poder traballar cos nenos pequenos que son moi riquiños. O mellor de todo foi traballar en equipo con todos os compañeiros e pasalo moi ben facéndoo. Foi unha experiencia única que xamais olvidarei e repetiría todos os anos."

María González 1º Bach C

"Vivimos unha boa experiencia cos nenos pequenos do Celso Emilio Ferreiro. Aínda que non me gustan moito os nenos, o feito de poder axudarlles e compartir un bo rato con eles fíxome cambiar de opinión. Volvería a repetilo xa que o pasei ben e me sentín útil para poder resolver as dúbidas dos nenos."

Paula Crespo 1º Bach C



Samaín 2012

 

 

O alumnado de 1º de ESO celebrou o samaín o día 31 de outubro no pavillón.

 

Reportaxe fotográfica

Reportaxe videográfica

Viaxe a Londres

In last September a group of 13 students about to start second bac and two teachers from the school - Mr. Peter Areal , teacher of History , and myself , Mrs. Nieves Monge - their teacher of English for the last two years -, set out to London to stay there for five days . It was planned as an award to their effort , devotion and harwork on all the subjects but particularly their fondness of the English subject itself .

It was an amazing experience to them , they wandered around London  as much as possible , they enjoyed to the full every single minute of  their stay  and promised to come back on their own some other time .

It´s very rewarding to carry out activities like this when you know that the students are going to appreciate it and feel grateful for it .

Se queredes ver máis fotos, ide á galería (arriba á esquerda)

Distribuir contido


by Dr. Radut