Skip to Content

Actividades curso 2012-2013

Carreira de Orientacion no Mercantil de Pontevedra 2013

ORIENTÁMONOS CO COMPÁS

no Mercantíl de Pontevedra

 

O pasado 20 de marzo do 2013, algúns alumnos e alumnas do noso centro, de 1º e 2º da ESO participaron na fase provincial do campionato galego de Orientación Deportiva. Esta actividade atópase dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia e levouse a cabo en Pontevedra, nas instalacións deportivas do Mercantil.

Nesta carreira o obxectivo principal é, utilizando un compás e un mapa, localizar un número determinado de balizas, nunha orde determinada e no menor tempo posible.

 

A carreira



Dous dos nosos alumnos quedaron entre os tres primeiros. Aquí os tedes:

Santiago Álvarez (2º ESO A) e Jaime Caamaño (1º ESO C)

 

Os quince primeiros de cada categoría clasificáronse para participar no Campionato Galego, que se vai celebrar o próximo 26 de abril, no Barco de Valdeorras.

Aquí está a relación de clasificados para esa carreira.

 

INFANTIL FEMININO

1º ESO C

  • Paula López Pequeño
  • Celia Fernández Gómez
  • Inés Alonso Méndez

2º ESO A

  •  María Alejandra Toledo Machado
  • Elena López Del Río
  •  Aida González Lago

2º ESO B 

  • Aida Bernardez Italiani

INFANTIL MASCULINO

1º ESO B

  • Ángel López Moreno
  • Samuel Pérez Pérez

1º ESO C

  • Jaime Caamaño Díaz 
  • Manuel Emilio González López 
  • Daniel Estévez Martínez 

2º ESO A

  • Santiago Álvarez Conde
  • Marcos Veiga Benítez

2º ESO D 

  • Yomar Costa Orellana
  • Pablo Fernández Cagigas

 

 

CADETE MASCULINO

  • Alberto Veiga Fernández

 

 

Obradoiros Primeiros Auxilios contidos

 

O noso centro celebrou, a pasada semana, o I Obradoiro de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Este artigo é unha homenaxe a eles.

Aquí os tedes

Tamén vos mostramos un resumo das actividades feitas nos distintos obradoiros.

Por último, agradecer a súa colaboración ao Departamento de Plástica, en especial a Bosco Caride, pola elaboración dos carteis, e aos profesores recen xubilados Paco Prieto e Candelas Nogaledo.

I Obradoiro de Primeiros auxilios

 

O noso centro vai celebrar o I Obradoiro de Primeiros Auxilios os días 3, 4 e 5 de abril. Actividade organizada polo departamento de Educación Física.

Os poñentes dos obradoiros serán unha selección de alumnado de 1º de Bacharelato e estará dirixido aos alumnos da ESO do centro. Tamén estará  invitado o CEP Celso Emilio Ferreiro cos seus alumnos de 5º e 6º de primaria.

 

Os obradoiros tratarán sobre:

  • O socorrista. Avaliación inicial da vítima
  • Avaliación secundaria da vítima
  • Reanimación Cardio-Pulmonar
  • Accidentes no fogar
  • O botiquín
  • Accidentes do aparato respiratorio: Atragantamento e asma
  • Accidentes do aparato cardiovascular: Feridas e hemorraxias
  • Efectos do sol na nosa pel: queimaduras
  • Efectos da temperatura no noso corpo: insolación e golpe de calor
  • Traumatismos do aparato locomotor I. Ósos e articulacións
  • Traumatismos do aparato locomotor II. Músculos
  • Cuerpos estraños. Picaduras e mordeduras.
  • Intoxicacións
  • Alteracións da consciencia: lipotimia, epilepsia e diabetes

Os obxectivos que se buscan nos obradoiros serán:

  • Coñecer as principais pautas de actuación e prevención ante determinados accidentes.
  • Practicar os primeiros auxilios.
  • Valorar a importancia que teñen estos contidos na vida diaria.

FOLLETO INFORMATIVO

Saída á pista de xeo


 


O alumnado de 1º de Bacharelato A e 3º ESO A fixo unha saída, o día 20 de decembro, á pista de xeo de Coia. A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física, para premiar nestas dúas clases o seu rendemento académico así como o seu comportamento ao longo deste primeiro trimestre.



 A saída tamén buscaba que o alumnado:



  • Gozara da actividade de patinaxe nun entorno inusial como é o xeo, mantendo relacións positivas cos seus compañeiros/as e unha sa actitude cara ao deporte.

  • Traballara e desenvolvera as súas capacidades e habilidades básicas: equilibrio, axilidade, coordinación, forza, velocidade, etc.

   Reportaxe fotográfica



ENCONTROS CON AUTORES

Para celebrar o día dos Dereitos Humanos, contamos coa presenza de Francisco Castro, autor, entre outros, do libro “O neno can”, que precisamente traballamos no Proxecto Interdisciplinar co alumnado de 1º de ESO.    Para saber máis, ide a actividades curso 2012-2013.


Encontros con autores

Para celebrar o día dos Dereitos Humanos, contamos coa presenza de Francisco Castro, autor, entre outros, do libro “O neno can”, que precisamente traballamos no Proxecto Interdisciplinar co alumnado de 1º de ESO.

A charla resultou moi amena e enormemente ilustrativa. Nela achegounos a unha dura realidade que moitos nenos do noso mundo descoñecen, nun intento de espertar no alumnado gana de “cambiar o mundo”.

Se non liches nada deste autor recomendámosche algúns dos seus libros como “O segredo de Marco Polo”, “O ceo dos afogados”, “Chamádeme Simbad”, “Generación perdida”.

Equipo Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut