Skip to Content

Obradoiro de instrumentos musicais e visita ao Museo Liste

 VISITA AO MUSEO LISTE

 

Os días 29 e 30 de abril, o alumnado de 2º ESO do IES Álvaro Cunqueiro realizou unha visita ao Museo Liste de Vigo, organizada polo Departamento de Música.

Nesta visita ademais de recorrer a exposición permanente, onde puideron gozar cunha interesante inmersión na nosa cultura tradicional, tamén tiveron a posibilidade de participar nun obradoiro de instrumentos humildes, e puideron descubrir os múltiples recursos cos que orixinar sons musicais, dende instrumentos propiamente ata xoguetes sonoros ou mesmo obxectos cotiás que se empregan como instrumentos.

A actividade finalizou coa realización por parte dos propios alumnos/as de cadanseu "carrizo", coma exemplo de instrumento humilde.

Foi, sen dúbida unha experiencia interesante, podes comprobalo ti mesmo aquí.

 

CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

A principios do pasado mes de abril,o alumnado de Música de 2º de ESO participou nunha divertida e interesante actividade de aula, consistente na construción dos seus propios instrumentos musicais.

Para a súa elaboración empregaron todo tipo de materiais inxeniosos, destacando aqueles que fixeron uso de materiais de refugallo, dando mostra da súa creatividade, para lograr crear instrumentos con sons reais.

 Para mais información fai click aquí.

 

 

 



page | by Dr. Radut