Enigma: O problema de Monty Hall

Imaxina que estás nun concurso de televisión e tes tres portas diante de ti.

Nunha agóchase un coche e nas outras dúas cabras, unha detrás de cada unha das portas.

O presentador (Monty Hall) pregúntache que porta queres. Unha vez tes elixido, Monty Hall sempre fai o mesmo: abre unha das portas sobrantes e móstrache unha cabra (sempre o pode facer pois el sabe onde está o coche). A continuación Monty Hall pregúntache se queres cambiar a túa elección...

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Monty_open_door.svg/320px-Monty_open_door.svg.png

Wikimedia Commons, Public Domain

A pregunta é: que estratexia é a mellor? Cambiar de porta ou non facelo?

Dito doutro xeito: modifica algo a probabilidade de gañar cambiar de porta ou tanto ten non o facer?

Última modificación: Martes, 26 de Xullo de 2016, 12:55