Unha partidiña de dados

Imos xogar unha partida de dados: o xogo consiste en lanzar dous dado; o resultado da suma pode ser, como sabes, {2,3,4,5,6...12}. Antes de lanzar, cada un elixe un resultado. Gañará quen acerte coa suma.

Eu elixo o 7, e supoñamos que ti elixes o 3. Pensas que temos os dous a mesma probabilidade de gañar?

"Á estatistica en comic" Larry Gonick e Woolcottt Smith

Para coñecer a resposta podes elaborar unha táboa con calc que simule o lanzamento dos dados, seguindo estas instrucións.

Unha vez feito verás claramente que non todas as sumas son igual de probables. Como podes apreciar na imaxe, en realidade temos 36 casos, (resulta moi útil pensar que os dados son de distinta cor).

A táboa construímola do seguinte xeito: poñemos nas filas (azul) os posibles resultados dun dado e nas columnas(verde) os do outro dado. No interior da táboa a suma dos posibles resultados dun e doutro dado. Podemos visualizar facilmente os casos e a súa probabilidade (canto máis vermella sexa a tonalidade das celas, máis probable é o resultado).

Polo tanto a probabilidade do 7 e 6/36. Resulta a suma máis probable. A probabilidade do 3, por exemplo, é 2/36.

Se aínda non o tes claro, baixa a folla de cálculo para comprobar e entender mellor a situación.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 19:57