KA1-DILEMMA

KA1-DILEMMA

Gañadora do logo

Xa temos logo!! A gañadora do concurso foi a alumna de A2 de idioma alemán, Rosalía Rodríguez Valencia, cuxo deseño representará o proxecto Erasmus+ Dilemma.
Moitas grazas a tod@s por participar!

Entrega Premio Concurso Erasmus+Dilemma

        Celebraremos un pequeno acto de entrega do premio. Así que estades todos convidados a asistir, participantes e demais alumnos e profesores, para coñecer o logo que vai acompañar o noso proxecto Erasmus+ Dilemma. Agardámosvos O XOVES 24 DE NOVEMBRO ÁS 16.00

KA1-DILEMMA Reunión

   Seguimos traballando na EOIOurense nos Proxectos Europeos que temos en marcha este curso. Neste caso tivemos unha reunión do Equipo de Difusión para preparar a entrega de premios do concurso do logo do proxecto Dilemma KA1. Moitas grazas pola vosa partcipación! Estade atentos ao 17 de novembro!!

Concurso: Deseño dun logo

PROXECTO EUROPEO KA1-DILEMMA

"Precisamos que colabores co proxecto KA1-Dilemma, que acaba de empezar e aínda non ten logo. Se queres podes deseñalo ti. A condición para achegar propostas é pertencer á comunidade educativa da escola no curso 22-23.
O logotipo ten que ter as seguintes características:

  •         Debe estar relacionado coa temática do proxecto.
  •         Debe achegarse en formato vectorizado.
  •         Debe ter fondo transparente.

Anímate e participar! Hai premio: un vale de 100 euros para cambiar nunha librería. Ver bases do concurso.

Distribuir contido