O día 24 de febreiro celebraranse na EOI unhas xornadas organizadas polo CFR. Prema na imaxe.
Certificación de 8 horas de formación. Faremos unha recapitulación dos resultados obtidos a través dos nosos proxectos europeos. Esta é unha oportunidade para que toda a comunidade educativa se informe sobre aspectos como a incorporación dos recursos dixitais ao ensino, a concienciación medioambiental desde a escola ou a conciliación entre estudos e familia no alumnado adulto. Ofreceremos un xantar na propia escola.