Concurso Literario. Día das Letras Galegas.

     Galicia Infinda é o poema (un canto á emigración) que abre e dá título á obra máis coñecida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2022.

O Departamento de Galego e o EDLG convídante a enviar o teu relato da emigración.  Gardas algún obxecto que che lembre esa persoa que emigrou? Pode ser unha fotografía, unha carta, un agasallo, algo que trouxo … Escribe un texto breve (máx. 250 palabras), en galego.
Envíao ao correo electrónico do EDLG (edlg.eoiou@gmail.com) antes do 24 de maio. A persoa gañadora recibirá un agasallo. VER POSTER COA INFORMACIÓN.
                                                              Grazas pola vosa colaboración!