Cursos monográficos

Monográficos Expresión Oral Ingles 2023- 2024

(A información desta páxina está pendente de actualización)

Oferta de cursos monográficos para o curso 2024-25 (pendente de publicación)

Que son os cursos monográficos e para quen son?

A EOI de Lugo e a extensión de Sarria ofertan cursos de actualización, perfeccionamento e especializacióncentrados na práctica da expresión oral de distintos niveis da lingua inglesa.

Este tipo de cursos reforzan as destrezas orais do alumnado e estrutúranse en consonancia cos distintos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as linguasporén non están orientados a facer un exame final.

Ao rematar os cursos monográficos non se expide ningún tipo de certificación de nivel, porén pode solicitarse un diploma de aproveitamento onde figure o número de horas de asistencia ao curso. Se vostede precisa ou quere certificar un nivel, pode matricularse nos cursos oficiais ou presentarse aos exames de certificación por libre.

Estes cursos están pensados para alumnado:

  • que xa ten un nivel da EOI certificado e quere actualizar os seus coñecementos da lingua

  • que quere ter un extra de preparación oral para facer un exame de certificación

  • que esgotou as convocatorias na EOI pero quere seguir preparándose para presentarse aos exames de certificación por libre

  • que quere retomar o estudo dun idioma pero precisa reforzar os seus coñecementos antes de matricularse no seguinte nivel

  • que xa completou o itinerario nun idioma pero quere seguir en contacto con el a través da EOI.

Para garantir un funcionamento e aproveitamento óptimo dos cursos monográficos é importante ter en conta o nivel de lingua que se vai traballar en cada un deles. Non é obrigatorio acreditar un nivel para matricularse, pero é recomendable ter o nivel de competencia indicado xa que será o nivel no que se imparta cada curso.


 

Canto custa matricularse nun curso monográfico?

A matrícula nos cursos de actualización e especialización custa 1,5 € por hora

A esta contía pódenselle engadir outros custos que dependen da situación académica do alumno:

  • O alumnado novo que nunca estivo matriculado nunha EOI de Galicia debe aboar os seguintes conceptos adicionais: 22€ de apertura de expediente e 13€ de servizos xerais. 
  • O alumnado que xa cursou estudos nalgunha EOI de Galicia, e xa ten polo tanto expediente nesa EOI, pero non está matriculado este curso na EOI de Lugo debe aboar adicionalmente 13€ de servizos xerais.
  • Aplícanse as exencións previstas na normativa (consulte a información nesta ligazón).

Consulte na oficina administrativa do centro antes de facer o pagamento se ten dúbidas.


 

Prazo e procedemento de matrícula dos cursos monográficos

(A información desta páxina está pendente de actualización)

Ofértanse cursos monográficos tanto na EOI de Lugo como na extensión de Sarria. 

Para formalizar a matrícula nas probas de clasificación debe seguir os seguintes pasos no prazo establecido para a inscrición. Só se admitirán formularios enviados dentro do prazo de matrícula de clasificación.

  1.  

  2. Pagar a taxa correspondente. (Para máis información sobre as taxas dos cursos monográficos premer aquí  )

  3. Resgardo do pago da taxa (Se fai pagamento en liña, modelo 730 xa que o recibo de pago con tarxeta NON é válido. Prema aquí para máis información. Tamén se pode recoller o impreso de taxas na oficina administrativa da escola)
  4. No caso de estar exento do pagamento, debe achegar o xustificante da exención.
  5.  


  

 

Syndiquer le contenu