Verías que desde o curso 2021-2022 tamén ofrecemos algún curso semipresencial en inglés. Este ano aumentamos a oferta de cursos semipresenciais en inglés e tamén introducimos a modalidade en alemán B1.1. Consulta aquí a oferta.
Aquí ves cales son as modalidades para aprender inglés na EOI de Lugo.
Non sabes que é o ensino semipresencial? Explicámoscho aquí.
Tamén podes informarte nesta infografía e a continuación premer na foto para faceres unha enquisa e saber se este tipo de ensino é o máis apropiado para ti.
Título/Tarifas (en euros) | Tarifa normal | Familia numerosa categoría xeral | Familia numerosa categoría especial | Duplicado |
Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE) | 25'91 | 12'97 | 0 | 2'50 |
Certificado de nivel avanzado de idiomas (LOXSE) | 25'91 | 12'97 | 0 | 2'50 |
A solicitude de certificacións académicas farase a través do correo electrónico eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal achegando unha copia do DNI ou NIE do solicitante ou ben presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.
O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación poderá presentar unha reclamación a través da instancia, que se recolle na escola, perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:
a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.
b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.
A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.
De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.