Expedición de títulos, diplomas e certificacións académicas

Certificacións académicas

A solicitude de certificacións académicas pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.

Se a persoa solicitante non é o/a titular da certificación, deberá estar debidamente autorizada.

As certificacións académicas non teñen taxas asociadas.

Unha vez feita a solicitude da certificación académica, enviarase asinada dixitalmente por correo electrónico no prazo máximo dunha semana ao correo electrónico no que foi solicitada ou, no seu defecto, ao que figura no expediente académico da persoa titular.

Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.

  

Expedición de diplomas de A2 e B1

A solicitude de diplomas de A2 e B1 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección  eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.

Este tipo de diplomas non teñen taxas asociadas.

Se o diploma que quere solicitar corresponde ao curso actual, débese agardar unha semana dende a data oficial da publicación das notas para facer a solicitude.

Transcorrida unha semana dende a solicitude do diploma, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada. 

Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.

 

Expedición do título C1 aprobado antes do curso 2018/2019

A solicitude do título de C1 do plan de estudos anterior a 2018/2019 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección  eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.

Este título do plan de estudos anterior ao actual non ten taxas asociadas.

Transcorrida unha semana dende a solicitude, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.

 

Solicitude de títulos B2,C1 e C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes) e avanzado B2 do plan de estudos rematados entre 2009 e 2017, ambos incluidos)

Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes) e avanzado B2 (plan de estudos anterior a 2018/19) son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

A solicitude destes títulos leva asociado o pagamento de taxas.

A solicitude de títulos faise na oficina administrativa do centro onde se aprobou o exame conducente á certificación que se solicita.

Débense seguir os seguintes pasos:

- Cubrir o fomulario correspondente ao título que desexa solicitar.

Formularios do plan actual (curso 2018/19 e seguintes): B2, C1, C2

Formulario  do plan de estudos anterior a 2018/19: Avanzado B2

- Pagar as taxas correspondents (Ver códigos e taxas máis abaixo). Para este trámite pode recoller un impreso na oficina e facer o pago presencial en entidades bancarias colaboradoras ou ben facer o pagamento en liñaNeste caso lembre que deberá achegar o modelo 730.  

- Enviar copia escaneada do DNI por ambas caras ou documentación que acredite a súa identidade 

Débeser achegar esta documentación á oficina administrativa do centro, ben de xeito presencial ou por correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal. Recibirá o xustificante da solicitude do título que deberá gardar.

No prazo habitual de dous anos poderá retirar o seu título na oficina administrativa do centro, ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Se durante este prazo precisara acreditar o seu nivel, pode solicitar unha certificación académica. 

 

Códigos de pagamento

*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN PARA A SOLICITUDE DE TÍTULOS

Consellería de Cultura, Educación e O.U.

07

Delegación de servizos centrais

13

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Expedición de títulos académicos correspondents ás ensinanazas establecidas pola LOE

302003

Taxas

Título/Tarifas (en euros)

Tarifa normal

Familia numerosa categoría xeral

Familia numerosa categoría especial

Duplicado

Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE)

25'91

12'97

0

2'50

Certificado de nivel avanzado B2de idiomas (LOXSE)

25'91

12'97

0

2'50

 

 

  

 

 

 

 

 

 

AdjuntoTamaño
Solicitude título B2_formulario.pdf60.32 KB
Solicitude título C1_formulario.pdf60.75 KB
Solicitude título C2_formulario.pdf59.47 KB
Solicitude título Nivel Avanzado B2_formulario.pdf63.32 KB
Como pagar as taxas en liña.pdf966.08 KB