Enquisa de convivencia - maio 2023
Lun, 08/05/2023 - 14:36 — Dirección
A Consellería de Cultura, Educación, Universidade e Formación Profesional está a recoller datos co obxecto de facer un seguimento e avaliación continua da convivencia escolar nos centros que dela dependen. A recollida de datos farase mediante unha enquisa en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, na que participarán o profesorado, PAS e alumnado.
Estes días o profesorado da EOI de Ferrol entregaralle ao seu alumnado un código para acceder e cubrir esta enquisa. Pedimos que participedes nesta enquisa para que teñamos máis información sobre a convivencia no noso centro.
O prazo para cubrirdes a enquisa remata o luns 22 de maio.
Moitas grazas pola vosa colaboración!