Avisos e Comunicacións

Listaxes definitivas de admisión 2020/2021

Xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido para o curso 2020/2021. Como sabedes, as instrucións indican que por protección de datos non se poden colgar os listados na web, podedes consultalos no taboleiro do interior da escola ou chamar por teléfono para máis información.

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor 2020/2021

Xa están publicadas as bases para solicitar as axudas municipais para libros, material escolar e comedor para o curso 2020/2021, pero o prazo de solicitude AÍNDA NON ESTÁ ABERTO. Cando se nos comunique a apertura do prazo, informarémosvos.

Dado o momento no que nos atopamos, este ano non enviarán trípticos ás escolas e se intentará fomentar a presentación TELEMÁTICA.

Reinicio da actividade lectiva

O pasado venres 22 de maio publicouse na web da Consellería a Resolución pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/2020 e se determinan as instrucións para o que resta do presente curso.

Podedes acceder ao enlace AQUÍ.

Adaptación da Programación

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, os departamentos didácticos, equipos de ciclo e equipos docentes adaptarán a programación didáctica para a finalización do curso 2019/2020, elaborada en base aos principios de claridade, transparencia e obxectividade.

 

Podedes acceder ao documento NESTE ENLACE

Novos prazos do proceso de admisión do alumnado

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do 5 de maio

Directrices do Ministerio de Educación

Hoxe saen publicadas no BOE as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020 e o inicio do curso 2020/2021 ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19. Deixamos aquí o ENLACE:

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre

O pasado venres día 17 de abril a Consellería de Educación publicou estas Orientacións Provisionais, pendente da publicación da normativa estatal correspondente.

ENLACE DAS ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS DO 17 DE ABRIL

Seguiremos informando das novidades que se vaian producindo.

Comezo do 3º trimestre

Familia Tegriña,

Mañá martes 14 de abril comeza o trimestre máis estraño das nosas vidas... Agardamos que esteades todas ben. Temos moitísimas ganas de estar de volta nas aulas, correr polo noso xardín, facer caca de cabalo, buscar bichos por todas partes, pintarnos os puntiños, comer a nosa froitiña e o pan con aceite, festexar todas as cousas que quedaron pendentes... e darnos miles e miles de apertas! Todo chegará!!

Segunda avaliación

Segundo as instrucións recibidas nestes últimos días a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os Centros procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre ao longo desta semana.

Distribuir contido