Avisos e Comunicacións

Información Becas NEAE

Segundo a Resolución de 28/07/2021, de la Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2021/2022, xa está aberto o prazo para solicitar as Becas NEAE.


- As familias deben cubrir as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Xa estamos de volta!

Benvidas, familias! Xa estamos de volta, preparando todo para recibir aos peques o vindeiro xoves.

Aquí vos deixamos o resumo das MEDIDAS DE SEGURIDADE. Os que xa estabades na escola o curso pasado xa as coñecedes, pero lédeas con atención para "refrescar".

Coma sempre... SENTIDIÑO E TRANQUILIDADE. Ata o xoves!

 

Axudas escolares municipais

 

Ábrese o prazo para solicitar as Axudas Escolares Municipais para libros, material escolar e comedor, para o curso 2021/2022. Podedes consultar as bases NESTE ENLACE.

Escola de Familias online con Catalina Prieto

Convidámosvos a todas as familias á terceira e última sesión de Escola de Familias Online deste curso, esta vez da man de Catalina Prieto, autora do blogue 24zanahorias. Será a segunda vez que contemos con ela no cole, non vola perdades!

Listaxes provisionais de persoas admitidas curso 2021/2022

Xa están publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas para o vindeiro curso 2021/2022 dende a pasada semana, no taboleiro interior da escola, tal e como vos informamos a todas as familias.

Para calquera dúbida podedes contactar connosco por teléfono ou correo electrónico.

Letras para desempate - Admisión 2021/2022

Resultado do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022 - ACCESO AO DOCUMENTO

Segunda sesión Escola de Familias Online

O MÉRCORES día 24 de febreiro teremos a segunda sesión de Escola de Familias Online, esta vez a través de Webex, con RAQUEL PEDROUSO, quen nos acompañará dende a Intelixencia Emocional para aportarnos estratexias de xestión para estes momentos de semi-confinamento que nos toca vivir.

Video do CEP Santa Tegra

Compartimos convosco este vídeo do noso Centro adscrito, o CEP Santa Tegra! 

Distribuir contido